Sobre un tempo centrado no consenso

Sobre un tempo centrado no consenso
Copia de El Ideal Gallego-2014-05-10-015-e2d7b522

Para escribir “Testigo y parte de la Historia reciente de Galicia” (Hércules de Ediciones), Vázquez Portomeñe empregou a primeira persoa porque “é a forma máis directa de comunicar” o que el viviu, unha etapa –a da transición, preautonomía e autonomía– que tilda de interesante por iso de que se recuperou a liberdade perdida e que partiu dunha filosofía centrada na premisa de que “ninguén sobra e dá igual a ideoloxía que teña”.
Todos son necesarios á hora de sentarse á mesa do consenso, que hoxe non existe xa que a clase política do país está máis preocupada en sacar a espada á primeira de cambio: “É ácida e está entronizada”. Quizais isto sexa a razón pola que se sinte completamente satisfeito de levar seis anos alonxado dela.
O que levou a figura animada do “pelegrín” ás casas de todos os galegos en forma de pin, pegatina ou cartel dicía onte estar orgulloso daquel proxecto no que o Camiño de Santiago acadou grande sona en 1993, pero tamén recordaba o feito de levar na súa estadía no goberno a Galicia á escolarización plena con 6.000 profesores máis en plantilla cando o país estaba 20 puntos por debaixo da media nacional en canto a educación.
De todo isto falaba onte na casa editorial e tamén dos homes que protagonizan o volume que son “normais” cos seus acertos e os seus erros porque el conta os feitos coma os recorda e non esconde a suciedade debaixo da alfombra. Portomeñe quere deixar constancia na publicación dos aconteceres, dos nomes e os lugares dos últimos 40 anos de Historia cunha pequena introdución do momento transitorio para abordar o proceso preautonómico e as primeiras eleccións.
Detense nos avatares dos gobernos posteriores. En Albor, Laxe e incluso en Feijoo para facer un especial fincapé en Fraga e asegurar que a historia lle debe moito ao de Vilalba con ideas “que sitúan a calquera na historia dun país”, unha personalidade que ás veces repensou as cousas e volveu para atrás, “algo propio dos galegos que non vexo mal”.
Para dar coa receita da recuperación, o experto sinalaba que tiñan que pasar a súa e dúas xeracións máis, nun momento en que os políticos deberían de arrimar o ombro e sentarse á mesa. Ademais de tratar a todos con respeto, que é a unica maneira de chegar aos acordos.
No libro, Vázquez Portomeñe relata os feitos que en ocasións “derivan a acrecenter a imaxe dalgúns e en outras, deteriórana”. Dicía o escritor que “se queres ser veraz, tes que ceñirte aos feitos”. O resultado é para o editor Francisco Rodríguez unha lectura obrigatoria para a clase política.

Sobre un tempo centrado no consenso

Te puede interesar