“Temos visto que o Goberno non sabe encaixar as críticas da oposición, queremos que teña unha escoita activa”

“Temos visto que o Goberno non sabe encaixar as críticas da oposición, queremos que teña unha escoita activa”

Avia Veira, portavoz do BNG, pensa que á Marea faltoulle valentía e toma de decisións importantes no seu primeiro ano en María Pita. Ademáis, destaca as dificultades que existiron para alcanzar acordos na corporación municipal.

¿Qué impresión ten deste primeiro ano de Xulio Ferreiro como alcalde?
Faltou máis valentía, máis toma de decisións importantes e máis accións. Cremos que necesita mellorar bastante o Goberno municipal.

¿A qué se debe esa falta de valentía?
Non o sei, teóricamente teñen un programa electoral e deberían ter un proxecto de cidade que seguir e aplicar para tomar decisións, pero non se fixo. Esperaba máis cambios na cidade a nivel xeral, pero chámame a atención que non se afrontaseo o cambio do Regulamento de Participación Cidadá ou reformas na mobilidade.

¿Qué cousas positivas rescataría?
A nós sen dúbida fíxonos moita ilusión os cambios no rueiro, co feito de que Antón Vilar Ponte ou Álvaro Cebreiro teñan unha rúa na nosa cidade. Tamén a presenza da oposición nas xuntas de goberno ou a facilidade para acceder a expedientes e obter información.
¿E negativas?
O máis urxente e que hai que correxir é a dificultade para chegar a acordos na corporación. Isto tivo como froito estar cinco meses cun orzamento prorrogado. En breves teremos que estar falando do novo orzamento, da modificación do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá e hai que cambiar isto.

¿Esa dificultade para chegar a acordos é o máis salientable?
Sen duda das cousas máis graves pola repercusión que ten de cara á cidade. Por non ter un orzamento novo a tempo, podemos poñer como consecuencias as dificultades nas que se viron moitas asociacións. As actividades extraescolares dos colexios estiveron en risco nun determinado
momento.

¿Entende que é necesario un cambio de actitude neste sentido por parte do Goberno local?
Xa o dixen a principios de febreiro cando tentei xuntar á Marea Atlántica e ó grupo municipal socialista con nós, no sentido de que fumos as forzas que posibilitamos o cambio na cidade votando a favor da investidura de Ferreiro. Entendo que temos puntos en común sobre os que se pode chegar a acordos, sobre os que podemos poñer os intereses da cidade por diante e facer os cambios que necesita a cidade.

¿Houbo unha pérdida de confianza no que propoñía a Marea?
Non. Temos que seguir recordándolle o que teñen que facer. O que querríamos é que a Marea teña unha escoita activa, polo menos de cara a este grupo municipal, porque sempre facemos críticas fundamentadas e con razón.

¿Cales son os retos máis urxentes agora?
Podería resumilo no Regulamento de Participación Cidadá, a mobilidade, a dotación de infraestrucutras como escolas infantís ou bibliotecas nos barrios e a inclusión social.

“Temos visto que o Goberno non sabe encaixar as críticas da oposición, queremos que teña unha escoita activa”

Te puede interesar