Paula Cacheiro: “Temos a sorte de que Galicia nos quere de volta e o demostra con estas axudas”

Paula Cacheiro: “Temos a sorte de que Galicia nos quere de volta e o demostra con estas axudas”
el ideal gallego-9999-99-99-999-065b7cd6

Paula Cacheiro Gándara é un dos  nomes propios da emigración actual. No 2013, con 34 anos, decidiu darlle un xiro á súa vida e probar sorte no estranxeiro, elixindo Alemaña como lugar de destino. “Eu traballaba en banca e estaba un pouco cansa de contratos temporais, polo que buscaba un cambio laboral e algo que ensalzara o meu currículo”, explica.

Veciña do barrio da Agra do Orzán, esta coruñesa viviu durante dous anos en Emden (no norte alemán) traballando como técnico de Recursos Humáns nunha empresa de catering offshore que se encargaba de todo o relacionado coa limpeza e a alimentación en plataformas petrolíferas e parques eólicos marinos.

En febreiro do 2015, a compañía para a que traballaba ofreceulle a posibilidade de marcharse para Chipre a realizar as mesmas funcións, polo que non o pensou dúas veces e decidiu marcharse para a illa. Pero, aínda que disfrutaba da experiencia, sentía que o seu lugar estaba en Galicia polo que a posibilidade de regresar estaba cada vez máis presente. Así, en xullo do 2017 decidiu voltar á súa terra tras plantexarse quedarse para sempre ou volver. “A experiencia no estranxeiro é xenial. Outro ritmo de traballo, outras culturas, coñecer xente de diferentes países e un idioma que non é o teu. É totalmente recomendable. Desde o medo ao descoñecido ao poñer o primeiro pé no aeroporto de Amsterdam ata o que chorei no aeroporto de Larnaca ao despedirme dos meus compañeiros”, asegura Paula Chanteiro.

 

Estas axudas dánche todo tipo de facilidades, son un bó soporte económico porque non vés coas mans baleiras e, ademáis, amplías estudos cunha especialización 

Foi entón cando, buscando por Internet opcións que a axudasen a regresar ao seu país, atopou as Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) –convocáronse por primeira vez ese ano–, enmarcadas dentro da Estratexia 2020 da Xunta. “Dánche todo tipo de facilidades para proporcionarche información, envío de documentación e calquera dúbida que se che poida ocorrer. É unha boa idea porque dáche un soporte económico, amplías estudos cunha especialización e tamén permíteche volver con algo e non coas mans baleiras”, explica esta coruñesa.

 

Viaxe de volta

Tras presentar a documentación necesaria e obter o visto bo do Executivo galego, Cacheiro trasladouse a Vigo para facer un mestrado en “Comercio Internacional”, unha experiencia que califica como “moi boa”, aínda que difícil por ter que volver coller a rutina do estudo. “A mín déronme 7.000 euros porque tamén depende dos créditos que teñas que facer”, indica.

Unha vez instalada xa en España atopou un traballo e, pouco despois, desde a Secretaría de Emigración da Xunta mandáronlle uns correos sobre as Axudas ao Retornado Emprendedor, un programa dirixido aos galegos do exterior que regresan á comunidade para poñer en marcha un negocio propio. “Foi aí cando contactei coa miña antiga empresa de Alemaña para ofrecerlles a colaboración que temos agora”, comenta. Así, hoxe en día ten montada a súa propia consultoría desde o pasado ano e leva a cabo labores de Recursos Humáns, plans de acollida, valoración de desempeño e axuste de gastos e, aínda que traballa con outras empresas, o seu principal cliente é a compañía á que estivo vinculada no estranxeiro.

Das Axudas ao Retornado Emprendedor, Paula Cacheiro destaca dúas características esenciais: as condicións especiais por ser muller –1.000 euros máis dos 5.000 euros de base que hai dispoñibles para cada emprendedor retornado– e por establecer o negocio nun concello rural –o total pode incrementarse noutros 2.000 euros–. “A verdade é que nos poñen as cousas máis fáciles e as traballadoras da Secretaría teñen unha enorme paciencia porque precisas moita documentación e oriéntanche en todo”, comenta a coruñesa.

As axudas da Xunta animárona a coñecer o mundo do autónomo e a conseguir o seu obxectivo: voltar a casa. “Eu crieime aquí, estudiei aquí e o teño todo aquí así que o mínimo era poder volver xa que dánche a posibilidade de traballar desde casa”.

Nos poñen as cousas máis fáciles e hai aspectos a destacar como as condicións especiais para mulleres e para a creación de empresas en entornos rurais 

 

Por todo isto, Cacheiro anima a todo aquel que, como ela, quera poñer fin á súa etapa no estranxeiro a que coñeza as axudas que oferta o Goberno autonómico, “porque realmente son moi boas e te ves cun respaldo ante a alternativa de volver a casa dos teus pais ou estar no paro. Vés cun respaldo e se tes unha idea podes levala a cabo. O colchón para sobrevivir un ano, que é o que che pode dar o diñeiro que obtés, é un regalo”, asegura.

A emigración, rasgo tan arraigado na cultura galega, tampouco pasou de longo pola familia de Paula Cacheiro xa que, desde os seus visabós, experimentaron na súa casa a viaxe dun ser querido que pretendendía labrarse un futuro mellor. “Na miña casa sempre se di ‘pódense ter raíces pero tamén ás’. Eu volei lonxe pero as miñas raíces foron máis fortes. Agora temos a sorte de que Galicia nos quere de volta e o demostra con estas axudas. Grazas a este plan de emigración conseguín especializarme, iniciar a miña andadura profesional independiente e estar na casa”, comenta.

Aínda hai tempo

A Secretaría Xeral de Emigración, encargada de xestionar as axudas para todos aqueles que queren voltar ao seu lugar de orixe, ten aberto aínda o prazo para solicitar as Axudas ao Retornado Emprendedor ata o próximo 30 de setembro, un plan para o que a Xunta destina 200.000 euros para cubrir gastos de establecemento da empresa.

Con todo, o máximo que poderá obter cada un dos beneficiarios serán 8.000 euros e, para acadar unha destas axudas, os interesados deberán aportar un plan de negocio empresarial que deberá contar cun informe de viabilidade económica e financieira de entidade independente, entre os cales figuran a unidade de Galicia Emprende –procura catalizar a iniciativa de persoas emprendedoras e empresas, para que en Galicia, a curto, medio e longo prazo se poidan acadar indicadores máis altos, mellores e máis eficientes de actividade emprendedora– e os axentes de emprego e desenvolvemento local.

Pódense ter raíces pero tamén ás. Na miña casa sabemos do que falamos, que temos emigrantes en todas as xeracións; eu volei lonxe pero as miñas raíces foron máis fortes

 

Entre os obxectivos da Xunta para asesorar aos posibles beneficiarios está ademáis que os galegos residentes no exterior coñezan as posibilidades existentes, un punto, o da promoción, que tamén destaca Paula Cacheiro; “tería que dárselles aínda máis publicidade porque son moi beneficiosas”, asegura.

Así, o Executivo galego traballa para intensificar a divulgación dos seus programas noexterior, organizando encontros informativos na diáspora y continuar co incentivo ás asociacións que desenvolvan proxectos dirixidos á integración dos emigrantes retornados.

Paula Cacheiro: “Temos a sorte de que Galicia nos quere de volta e o demostra con estas axudas”

Te puede interesar