Reportaxe | Lugrís fillo e Lugrís pai pintan San Andrés de Atlántico

Reportaxe | Lugrís fillo e Lugrís pai pintan San Andrés de Atlántico
“Ventana al mar” é un mural de Lugrís pai pasado a lenzo

Lugrís fillo e Lugrís pai, así nesta orde e con estilos distintos pero cun punto surrealista en ambos que barniza o mar que tocan, un Atlántico que nunca pintan de forma descritiva, senón como o pensan. A galería Artby’s segue amosando un anaco de patrimonio acotado en marcos na seguinte exposición. A sala de San Andrés que adopta a anduriña “lugrisiana” como logotipo do que contén de portas para dentro presenta mañá ás 20.00 horas unha escolla de obras basicamente do fillo, pero acompañadas por tres do pai para que o ollo capte as diferenzas.
Serán case 30 os cadros de Lugrís Vadillo, que abarcarán as distintas etapas do artista, apoiados en formatos dispares que lle serviron para expandir a súa arte de orfebre, de creador minucioso que compón pequenos cadros dentro dun cadro máis grande.


Ademais, no acto inaugural iniciarase unha poxa que irá destinada integramente á Cociña Económica, algo que xa organizaron con outras mostras. Contan desde a galería que os interesados terán todo o mes para seguir obtando á peza desexada e que os que consigan premio finalmente serán condecorados cun resgardo da institución benéfica, válido para desgravar na declaración da renta.
En anteriores experiencias, contaron coa participación da xente, que aumentou kilos de comida nas lacenas da entidade, por iso animan ás empresas a que se unan á chamada solidaria. Os demais poderán deleitarse coa personalidade dun pintor que aos seus 75 ofrece unha madurez pausada. Continúa evocando, propoñendo viaxes oníricos como o pai pero doutro xeito. Construídos como miniaturista que é.
Eses minifundios obrigan a facer varias pasadas e piden lupa para ver os detalles que vai incorporando. Nunca cansan e sempre suman porque o feito de ser microscópica fai que a pintura ofreza un novo descubrimento. A selección que prepara Artby’s vai desde un cadro do 64 até actuais, máis tranquilos.
Das tres que engaden do pai, unha é un cadro, pero as outras dúas son murais pasados a lenzos, que se puideron ver na exposición “Paredes soñadas”, de Afundación, onde se concentrou toda a maxia de quen pintaba os muros de Atlántico e surrealismo.

Reportaxe | Lugrís fillo e Lugrís pai pintan San Andrés de Atlántico

Te puede interesar