Reportaxe | Letras que saben a papas de millo e soan aos anos 70

Reportaxe | Letras que saben a papas de millo e soan aos anos 70

A Real Academia Galega chamou á porta de embaixo. Tocaba celebrar na casa- museo Emilia Pardo Bazán o seu 166 aniversario cunha primeira velada organizada con Marineda City, que trouxo ao século XXI o espírito daqueles encontros que a autora convocaba dentro dun convenio asinado hai semanas, que rebozará as letras da intelectual de distintas disciplinas. A cita de onte serviu para recordala a golpe de canción.


As especialistas en versionar hits e non tan hits, De Vacas, escolleron un tema francés dedicado á escritora nos 70 “A Vannes”, composto por Michel Jonasz e que fala no estribillo dunha muller culta e tamén políglota. A parte literaria veu da man de varias mulleres do mundo literario como Estíbaliz Espinosa o Fina Casalderrey e o chef Iván Domínguez inspirouse nas receitas que removeu Pardo Bazán para facer unha reinterpretación moderna das súas papas de millo ou do caldo substancioso polo que devecían os seus comensais.


Ademais, o centro comercial patrocinará tamén dous premios de relatos e un de fotografía inspirados na cidade da Coruña, a Marineda das obra de dona Emilia.


O presidente da Real Academia Galega e director da casa-museo, Víctor F. Freixanes, e Ana López, xerente do espazo comercial patrocinador da velada, foron os encargados de darlles a benvida aos convidados, unha representación da vida cultural, empresarial e política da cidade e do país limitada en número polas esixencias do espazo museístico, que tamén foi un elemento activo no tributo. Deste xeito, o acto non puido ter mellor telón de fondo ca este edificio brasonado do século XVIII que foi residencia de Emilia Pardo Bazán. Aquí medrou rodeada de tomos e disfrutou dunha madurez pilotando os famosos faladoiros literarios nos que participaron figuras de primeiro nivel.


Neste aspecto, Freixanes salientou que a Academia estará “sempre agradecida á familia e á memoria de Emilia Pardo Bazán” pola doazón da súa casa como sede da e que, ao mesmo tempo, a RAG “recoñece publicamente a significación da autora de ‘La Tribuna’ e o seu compromiso con Galicia, moi especialmente coa cidade, materializado nunha obra extensa, intensa e universal”. O presidente da RAG engadiu que “o acordo con Marineda City inicia un camiño de colaboración entre a sociedade civil e as institucións culturais que debemos estimular e que agradecemos tamén, polo que ten de sensibilidade a prol da lingua e a cultura de Galicia”.

Reportaxe | Letras que saben a papas de millo e soan aos anos 70

Te puede interesar