Reportaxe | Cando o experimento deriva en algo máis ca “Vida” e convértese en curta e documental

Reportaxe | Cando o experimento  deriva en algo máis ca “Vida” e convértese en curta e documental
Rubén Riós presentou onte con Goretti Sanmartín o proxecto na Deputación | javier alborés

Non cre que volva a facer unha curtametraxe das características de “Vida” porque despois de dous anos coñecendo a persoas con diversidade funcional, Rubén Riós séntese alumno deles e non batuta. Porque a realidade supera a ficción, o director do proxecto sinala que o que xirará grazas á Deputación por cinco localidades da provincia pretende ir a aquelo que se agocha “porque a nivel educacional non nolo deixan ver doutro xeito”.

Este trozo de realidade está na peza “Vida” e tamén no documental “Máis ca vida” xunto aos soños, os desexos e as interrogantes que se fan os protagonistas Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro. Verase o venres en Ribeira e o sábado en Vedra. En Padrón proxectarase o 5 de maio e en Boqueixón o 14 para rematar o percorrido en Sada, o 21.

En cada unha das proxeccións participará o director e parte do equipo artístico. Producido por Claqueta Coqueta, a Deputación contribuirá coa súa difusión a promover a integración social destas persoas que conforman na cinta un equipo con intérpretes de longa traxectoria coma Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estibaliz Veiga, María Mera ou Luís Iglesia.

A vicepresidenta da institución provincial, Goretti Sanmartín, sinalou na presentación que non se trata dun filme calquera. Son dous produtos que queren dar testemuño de persoas que “van decidindo como queren que sexa a súa historia”.

Visibilidade
“Agora podemos utilizar as súas ganas e a ilusión para visibilizalo e facer partícipe ao público”, dixo Riós, despois de explicar o proceso. De cando comezou a traballar con eles a técnica para acabar mudando a idea inicial e parir curta e documental. “Vida” ten como guionistas a Estíbaliz Veiga e Jacobo Paz.

Pola súa parte. “Máis ca vida”, igualmente dirixido por Riós que tamén é guionista recolle os ensaios previos ao filme xunto aos sentimentos das persoas implicadas, “unha ferramenta idónea para contribuír a plasmar os elementos necesarios para a creación de tramas do guión de “Vida”. l

Reportaxe | Cando o experimento deriva en algo máis ca “Vida” e convértese en curta e documental

Te puede interesar