Remata o Congreso Lois Pereiro co seu irmán, Rivas e Antón Reixa na RAG

El Ideal Gallego-2011-12-17-014-47dd20b7

 redacción > a coruña
  O Congreso Lois Pereiro remata hoxe cunha xornada na sede da Real Academia, na que Manuel Rivas ofrecerá o relatorio “O compañeiro da noite”, ás 10.00 horas, para continuar co irmán do poeta, Xosé Manuel Pereiro, que participará na actividade coa conferencia “Un mundo chamado Lois. Revisando os danos”, ás 10.30 horas. Pola súa parte, X. Manuel Outeiriño falará, ás 11.00, de “Esteticismo e terribilità na obra poética de Lois Pereiro, que dará paso á charla de Luis Pozo sobre “Se queredes amigos, deixade unha flor”, ás 12.00. O día seguirá coa disertación de Chus Pato con “Da vida e fueria necesaria”. Ela será a encargada de pechar unha actividade, que se completará co espectáculo “Mundo Lois”, de Antón Reixa, no que o polifacético artista ofrecerá unha perspectiva audiovisual do monfortino. Distinta.
Deste xeito, o ano Lois Pereiro dá por concluído despois de que o escritor espertara unha resposta enorme por parte da sociedade.

Remata o Congreso Lois Pereiro co seu irmán, Rivas e Antón Reixa na RAG

Te puede interesar