A RAG salda a súa “débeda histórica” con Filgueira Valverde e dedícalle as Letras Galegas de 2015

A RAG salda a súa “débeda histórica” con Filgueira Valverde e dedícalle as Letras Galegas de 2015
El Ideal Gallego-2014-07-06-015-075dc41b

O escritor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2015, no que será o pagamento dunha “débeda histórica” por parte da Real Academia Galega (RAG). Ista recoñeceu onte a traxectoria profesional e a contribución á lingua de Filgueira, así como o seu labor de pulo institucional e cultural de Galicia.
Foi o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, quen deu a coñecer o nome da figura protagonista do próximo Día das Letras Galegas data para a que tamén estaban propostos persoeiros da literatura galega como Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega, Manuel María e a poetisa Xela Arias.
Xosé Filgueira Valverde naceu en 1906 en Pontevedra, onde morreu noventa anos despois, e foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, alcalde da ciudade do Lérez e xa en democracia, conselleiro de Cultura.
No eido das letras foi un escritor prolífico que destacou polo rigor intelectual das suas obras, coas que realizou aportacións á historia e etnografía galegas, así como ao estudo da literatura galega medieval.
A RAG, en palabras do seu presidente, destacou o compromiso de Filgueira Valverde coa defensa e promoción da cultura galega, así como o seu legado intelectual “que constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis importantes da segunda metade do século XX”.
Alonso Montero indicou tamén a traxectoria do escritor como polígrafo, o seu valor como prosista e as “interesantes incursións” que fixo no mundo da poseía, ademáis de ser catedrático de Literatura Española.
Tras compartir cos académicos Francisco Díaz Fierros y José Ramón Barreiro que coa homenaxe sáldase unha “débeda” da Academia Galega, Alonso Montero incidiu no perfil erudito de Filgueira Valverde, que era un “home de letras”, algo que, aventurou, quizais incida no seu recoñecemento polo gran público. Indicou entón que, “é certo que cando se fala do Día das Letras Galegas e do persoeiro que o protagoniza pénsase en escritores que van ter unha tradución eficaz no ámbito escolar” ou unha adaptación ao teatro, pero argumentou que non por iso outros máis eruditos, “homes de análise” deben quedar sen o seu merecido recoñecemento. “O homenaxeado do próximo ano non se chama Roberto Vidal Bolaño, nin Xosé María Díaz Castro, nin Lois Pereiro, pero ten unhas características que temos que empeñarnos pedagóxicamente en facer chegar aos estamentos cultos, profesionais e aos lectores esixentes de Galicia”, rematou.
Tras coñecer a decisión da RAG, a Xunta manifestou a súa satisfacción polo recoñecemento a Xosé Filgueira Valverde, do que di que é “unha das figuras máis destacadas da cultura gallega durante el siglo XX”. A Consellería de Cultura destacou nun comunicado que xa traballa na súa homenaxe.
E precisamente no día no que se coñeceu o nome do próximo homenaxeado nas Letras Galegas, a Federación de Asociacións Galegas en Madrid celebrou o Día das Letras e o Día de Galicia. A Casa de Galicia fpi o escenario da primeira parte desta conmemoración cun acto cultural que consistiu nunha conferencia de Armando Requeixo sobre Xosé María Díaz Castro, autor destacado este ano pola Academia, e a actuación musical de Uxía Senlle, antes dunha festa que se celebrou na localidade madrileña de Griñón. n

A RAG salda a súa “débeda histórica” con Filgueira Valverde e dedícalle as Letras Galegas de 2015

Te puede interesar