Proxecto Cárcere entrará nun mes na prisión tras asinar o contrato

Proxecto Cárcere entrará nun mes na prisión tras asinar o contrato
As filtracións que sofre o cárcere polos buratos están facendo que o deterioro avance | pedro puig

Proxecto Cárcere e o Concello asinarán nun mes o contrato que lles permitirá entrar na vella prisión. Iso é alomenos o que lles aseguraron onte nunha reunión, na que desde María Pita tamén se comprometeron a mellorar a rampla de entrada para facela accesible a todos. Noutra orde de cousas, incluirán a reforma do tellado da que deron conta os activistas e que supón un deterioro máis rápido da estrutura xa de por si afectada.

Con todo e iso, o colectivo encargado de encher con actividades o inmoble destaca que o máis importante é o propio edificio. El está por riba do seu interés por ampliar a vida social e cultural da cidade porque “nós somos meros pasantes e mañá nos quitan a concesión”.

Por outra parte, o Goberno local anuncioulles que de aquí a un mes terán que modificar o apartado administrativo do convenio xa que nun primeiro momento, Proxecto Cárcere nada máis que programará no hall que está situado antes do panóptico, onde hai seis ou oito celas máis a zona de vis a vis e cacheo. Tamén eliminarán do esquema inicial un patio porque “o estudaron e non hai seguridade”.

A reducción de espazo obrigará os membros da asociación adxudicataria a repensar o mesmo e adaptar as propostas aos metros cadrados dispoñibles. Así que os afectados contan que despois do momento de asinar, entrarán no cárcere a comprobar o seu estado. Coa dignose na man, o colectivo terá un pouco máis claro o tipo de iniciativas que poderán ter cabida e que debatirán nunha asamblea: “As propostas van a ser diferentes”.

Outra das cuestións que barallan é a de realizar traballos que fagan a que o bloque teña maior consistencia, solucións arquitectónicas menores que palíen males. Será un novo cambio nun proxecto que se ralentiza no tempo. Vai con retraso. Por iso, o único positivo é que os tempos mortos farán que comecen a darlle vida no verán ou próximo a el.


Isto condicionará ao espectador positivamente xa que, desde Proxecto Cárcere, contan que tal e como está o público apenas aguantará no interior se a temperatura non axuda.


Algunha das ideas terán que esperar a que a reforma siga o seu curso e afecte a máis perímetro como o taller de bicis incluido na memoria que presentaron ao concurso. Consistía na reparación de bicicletas vellas e talleres de aprendizaxe, incluso a cesión delas para xente sen recursos ou os que as necesiten. As citas terán que ter un carácter máis puntual coa finalidade de que os distintos pensadores da cultura teñan sitio e se vaian alternando no calendario.


Tratarase de que todos poidan expresar as súas inquedanzas nunha prisión que para Proxecto Cárcere é o primeiro: “Que non caia e que continúe vivo”.


Para reprogramar os eventos que terán lugar nela, seguirán as mesmas dinámicas, afirman que non é máis ca ir medrando, “paso a paso”, colonizándoa pouco a pouco que é a premisa inicial. O que non pensaban daquela é que fose tan paseniño.

Proxecto Cárcere entrará nun mes na prisión tras asinar o contrato

Te puede interesar