A propia realidade social do cómic imponse na nova edición de Viñetas

A propia realidade social do cómic imponse na nova edición de Viñetas
A propia realidade social do cómic imponse na nova edición de Viñetas

Porque foi a propia realidade a que se impuxo, Miguelanxo Prado e o seu equipo non buscaron a temática social como vertebradora dos contidos deste ano. Foi ela a que pediu oco nunha 19 edición de Viñetas desde o Atlántico que abría onte as súas portas co beneplácito de deixar entrar a Chris Claremont e a súa renovación das reglas do xogo e dos personaxes e a introdución de elementos nas historias para empezar a falar de exclusión social, de medos diferentes e de responsabilidade. A que ten o que manexa o lapis e que depende do que acontece en cada exercicio: “O poderoso ten que dar razóns”, sinalou o pai do invento. Deste xeito, o cómic pode acabar en traxedia clásica coa inmolación do superheroe debido a mala utilización do poder que lle outorgaron.
Por outra banda, Prado agradeceu a presenza de Cristina Bueno na presentación e no Kiosco Alfonso e lembrou o compromiso da que sacou a pasear os desafiuzamentos e o drama de perder o espazo no que un vive. De Juan Díaz Canales, que acampa en Palexco, destacou o feito de facer visible a invisibilidade da Terceira Idade e de Nadar, o mundo paralelo de dúas xeracións perdidas no medio da nada. Dicía o ilustrador que o tebeo ten unha capacidade de relación inmediata co que se respira fóra del, “case un efecto avalancha” que permite recollela e amosala. Entre tanto, Corto Maltés reaparece coa bandeira europea ao lombo e esas características de canalla e falso cínico, de atraínte igual ca Bogart nos anos 50.
O coordinador subliñou a mostra que rebobina a traxectoria de Ramón Marcos e o mundo poético de Manuel María, que salta ás viñetas con Jano no centro Ágora e que se completa cos orixinais de Daniel Torres.
Os dous últimos premios Castelao, Kiko da Silva e Fernando Llorente, acampan na casa cultural Salvador de Madariaga, e a Torre de Hércules serve de escaparate de todos os carteis que lle puxeron cara a Viñetas desde hai 19 anos co faro como emblema: “Decidímolo antes de que fose Patrimonio”, dixo Prado.
Pola súa parte, o alcalde Xulio Ferreiro explicou que na mesma contorna na que arriban hoxe até 30 embarcacións da Tall Ships Race, Viñetas faille un tributo a Maltés, “que volve a navegar reiventado por Pellejero e Canales” e incorpora a unha das figuras máis influentes das letras hispánicas, Cervantes, no cuarto centenario da súa morte, da man de Miguelanxo e David Rubín.

A propia realidade social do cómic imponse na nova edición de Viñetas

Te puede interesar