“O premio Díaz Jácome é moi importante xa que é un camiño para que aos novos nos coñezan”

“O premio Díaz Jácome é moi importante xa que é un camiño para que aos novos nos coñezan”
El Ideal Gallego-2013-12-24-016-216bb9e0

O terceiro posto na décimo cuarta edición do premio Díaz Jácome, que organiza o Concello de Mondoñedo, supón tan só un punto e seguido na carreira literia de esta moza nada en Cambre, en 1987, cuxo nome, Andrea Maceiras Lafuente, xa empeza a ser coñecido como cando obtivo os seus primeiros recoñecemtos o gañar diversas convocatorias do certamen literario Concello de Cambre.

Qué supón unha mención de honra nun premio como o Díaz Jácome?
Non é para nada unha convocatoria menor. O Díaz Jácome é moi importante. Supón un camiño para que aos novos escritores nos coñezan. Sentínme moi ben, porque tamén significou que se me abre unha nova porta para continuar escribindo. Síntome máis cómoda facendo narrativa pero tamén quero escribir poesía.

Fai narrativa. Cal é a súa especialidade?
Escribo literatura infantil e xuvenil. Estou moi satisfeita con este tipo de narracións porque os xóvenes e os máis pequenos son un público moi agradecido.

Para cando o salto cara o público adulto?
Xa dixen que polo momento estou moi cómoda neste rexistro polo que non me prantexo nada máis a curto prazo.

Xa leva catro libros publicados. Cal deles é polo que sinte especial predilección? Sempre e cando así fose.
É díficil escoller. Cada un deles pertence a un momento determinado. Escomecei a escribir e a publicar moi nova e cada un deles é de un momento vital determinado. O que sí, e que “Auga lonxincua” (tercer posto no premio Díaz Jácome) está máis na senda de “Nubes de evolución” (2013). É máis lírico e intimista”.

Voltando o premio Díaz Jácome. Supón tamén unha plataforma para poder publicar?
En concreto este premio tan só me aporta unha dotación económica. Pero volvo a insistir en que a súa importancia radica en dotarnos de voz para que os novos nos deamos a coñecer. Eso sí, se tamén serve para publicar mellor que mellor.

“O premio Díaz Jácome é moi importante xa que é un camiño para que aos novos nos coñezan”

Te puede interesar