Porque o bosquexo forma parte xa da obra definitiva

Porque o bosquexo forma parte xa da obra definitiva
El Ideal Gallego-2014-03-13-015-b74c5009

A nova exposición da Fundación Luís Seoane, “O bosquexo do mundo” é un grito colectivo que vén do taller de 22 creadores do país co fundador do Laboratorio de Formas inclusive, que non está por estar. Dicía o comisario Alberto González-Alegre, exdirector da entidade, que Seoane non formou parte da mostra organizada no Marco nin no Auditorio de Santiago que tamén coproducen a iniciativa, pero si na da súa casa. Porque quizais non pode haber mellor exemplo de traballo previo que o que facía el para cada xenialidade, o gran Luís confirma xunto a 21 artistas máis que o bosquexo e a obra xa non existen por separado. Forman parte dun todo. Para o novo director da entidade, David Barro, os momentos anteriores son case tan importantes como o que aparece colgado no museo.
Dalgún xeito, o ferrolán protagonizaba onte eses instantes primeiros desde a barreira para cociñar o que virá despois baixo o seu selo e que se poderá ver a partir de xuño cando se renoven as propostas artísticas da fundación. Mentres, tratará de atoparlle solucións a todo o que percibía como mellorable sendo crítico. Desta nova cita coa impronta actual galega, Barro destacaba a importancia de poñer na palestra as obsesións dos artistas. Os procesos de xente cunha dinámica tan diferente que hoxe en día o xérmolo e o apartado pode volver a retomarse e as voltas atrás son parte dun continuo proceso que nunca acaba.
É así como Juan Carlos Román ofrece un bosquexo en carboncillo ao máis estilo decimonónico que advirte da obra que vén despois. Inmensa no espazo. De Din Matamoro están as libretas de apuntes e de Tatiana Medal, o curioso pode ver restos. Sobras, como lle chama o segundo comisario Ángel Cerviño.
O experto contaba que a propia Berta Cáccamo se sorprendía polo interese que amosaban os comisarios por estas cousas: “Levades todo o que non queren os galeristas”. Dela pódese ver unha parede enteira. E en definitiva, a parella de especialistas traballaron en medio da arte coma se forenses do CSI. Na procura de probas que cambiasen o chip do espectador. Anquilosado noutrora. Cando os bosquexos eran o paso anterior a un gran lenzo.
O conxunto aprópiase do espazo, dicía a concelleira Ana Fernández, quen lle desexaba sorte a Barro nesa teima de reivindicar Galicia a través de Seoane. Pola súa parte, o director falaba de González-Alegre coma un dos primeiros aos que entrevistara despois de saír da facultade de Pontevedra. Nun proceso que igual que pasa coa arte vai adiante e atrás. Renóvase.

Porque o bosquexo forma parte xa da obra definitiva

Te puede interesar