“Ponme de mala uva porque debaixo de cada pedra hai un poeta que fai catro rimas. Pero a poesía é un xénero de rango superior”

“Ponme de mala uva porque debaixo de cada pedra hai un poeta que fai catro rimas. Pero a poesía é un xénero de rango superior”
O escritor gañaba o pasado 8 de outubro o Premio Nacional de Poesía por “Os ángulos da brasa” (Factoría K), publicado en 2012

Un mes co Premio Nacional na solapa e Manuel Álvarez está a un paso do psiquiatra. Non dá feito, pero reserva nova cita e fala de poesía. Dos mal chamados poetas e da mala uva que se lle pon cando os le.

Aínda fora mellor que non lle deran o Premio Nacional.
Si, o día 7 era un home feliz.

Coñece a obra de Merino?
Lin algo, pero non moito. É un escritor serio, non un advenedizo. Sabe no que está.

Coincide con Miguelanxo Prado en abordar a memoria. Que significa para vostede?
É un frigorífico onde sempre collo algo.

Dáse o caso que ademais non publicou ata ben tarde.
Son moi autocrítico e non me paso unha. Hai persoas que perden o cú por publicar con vinte. Eu a esa idade pensaba noutras cousas, pero ía escribindo e metendo no caixón. Publiquei cando considerei que non era tan malo. Fíxeno porque os concursos aos que me presentaba incluían nas bases a edición do libro. E dos 16 que teño, 14 ou 15 levaron premio ou accésit.

Hai moito poeta de chiste?
Ponme de mala uva porque debaixo de cada pedra hay un poeta que fai catro rimas. Pero a poesía é un xénero de rango superior. Hai que dicir  máis que o que din nos diccionarios, algo máis que na cháchara diaria e o que non sabe, que se bote fóra.

Que ocorre cando repasa o feito con vinte anos?
Danme arrepíos porque ves a inmadurez, a insensatez e esa alegría propia de cando es novo e pensas que te comes o mundo. Pensas que es  imprescindible e todas esas burradas que fas...

Un feito impensable hai anos o de darlle un Premio Nacional a un poemario escrito en galego.
É algo moi importante. Estase falando da poesía en galego en Baracaldo e Almería. Dalgún xeito, logrei meter o noso.

Igual de importante para o país, que pode tomar conciencia de que se fan cousas serias.
Si, porque tampouco se le moito a pesar de estar na casa. En ningún sitio se fai.

E todo en “Os ángulos da brasa” parece un relato continuado.
É unha prolongación de moitos temas que estaban por rematar. A poesía nunca se remata porque un poema tira do outro.

Cales son as súas influencias?
Eu empecei a mamar da teta de Quevedo, Góngoroa e logo pasei aos clásicos contemporáneos, a Dámaso Alonso, Cernuda. Os seguintes foron os Blas de Otero e Montesinos, pero tamén están Carlos Mestre e Gamoneda.

Como ve a poesía que se fai en Galicia actualmente?
Debe haber na actualidade seis poetas que teñen moito que decir. Temos a Rosalía e demais clásicos que fixeron marabillas coa lingua e a lingua hai que sustentanla, difundila e procreala. n

“Ponme de mala uva porque debaixo de cada pedra hai un poeta que fai catro rimas. Pero a poesía é un xénero de rango superior”

Te puede interesar