A Policía intercepta na Coruña a un condutor que consumira alcol e drogas

A Policía intercepta na Coruña a un condutor que consumira alcol e drogas
26 enero 2012 página 3 A Coruña.- La Policía Local ha puesto en marcha un dispositivo para el control de la velocidad en el tramo recién inaugurado de la Tercera Ronda que une Manuel Murguía con el centro comercial de Ma

A Policía Local da Coruña informou da denuncia interposta contra un condutor que foi interceptado ao volante do seu vehículo tras consumir alcol e drogas.

Segundo apuntou o corpo, o condutor foi interceptado por un dispositivo establecido na Rolda de Nelle sobre as 8,30 horas deste martes, cando conducía o seu vehículo.

Os axentes apreciaron que o condutor, un home de 29 anos, tiña "signos de inxerir bebidas alcohólicas ou sustancias estupefacientes", polo que foi sometido a un control.

Nas probas practicadas, o home deu un resultado positivo de 0,67 mg/l, polo que se tramitan dilixencias ao Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. Ademais, deu positivo por presenza de cocaína no seu organismo.

A Policía intercepta na Coruña a un condutor que consumira alcol e drogas

Te puede interesar