Os trompetistas Esteban Batallán e Rubén Simeó abren a nova tempada da Banda Municipal

El Ideal Gallego-2011-10-22-014-275d8a4a

  m.g.m. > a coruña

  “Ao mellor non son tan coñecidos coma Messi ou Cristiano Ronaldo pero son tamén números un”. O director da Banda Municial de A Coruña, José Luis Represas, falaba así dos trompetistas Esteban Batallán e Rubén Simeó, encargados de abrir a nova tempada de concertos da formación. Eles serán solistas nunha primeira cita o vindeiro domingo 23 no Palacio da Ópera, onde coma sempre, a Banda Municipal tocará ás 12.15 tal e como fixou no seu día Rogelio Groba polo feito de que o público sempre se retrasaba. O novo programa chámase “Trumpetííísimo”, polo protagonismo deste instrumento.
Explicábao Represas, quen dirixirá ao conxunto, en principio, nos concertos programados ata decembro, despois da saída do holandés Marcel Van Bree. A batuta dicía cumprir así coas súas obrigas ao fronte de preto de cincuenta músicos que brindarán a súa cidade unha programación estable entre os meses de decembro e abril cun par de actuacións ao mes. A isto hai que sumarlle un concerto fóra do programa o 6 de novembro sobre compositores valencianos e un extraordinario de Nadal.
Comentaba Represas o descoñecemento que a cidade ten sobre a existencia dunha banda que sorprendeu a moitos este verán en María Pita tocando Pucho Boedo e pezas líricas e que leva facéndoo sesenta anos, cun público fiel que adoita encher o Palacio da Ópera.
Con respecto ao primeiro evento, o responsable falaba dunha oportunidade o feito de escoitar a dous solistas que tocaron coas mellores orquestras do mundo, cun Simeó con discos gravados en Xapón e un Batallán que vén de recorrer América e Europa.

Touradas > A concelleira de Cultura, Ana Fernández, sinalaba onte que se reunirá co colectivo Galicia mellor sen Touradas o vindeiro martes, onde escoitará as súas reivindicacións co obxectivo de buscar “las soluciones más ventajosas”. Sobre o feito de manter ou non as corridas dentro do programa de ocio do Concello, a edil comentaba que iso será unha decisión que sairá do consello reitor e non dela: “No es mi opinión la que va a primar”.


 

Os trompetistas Esteban Batallán e Rubén Simeó abren a nova tempada da Banda Municipal

Te puede interesar