O Grupo Eulen convoca un cásting para participar no proxecto de formación “Laboratorio Teatral”

O Grupo Eulen convoca un cásting para participar no proxecto de formación “Laboratorio Teatral”
ramiro neira, valentín rodríguez e lucía regueiro, no colón pedro puig

O teatro Colón convertirase nun laboratorio nos meses de abril e maio para experimentar coa dramaturxia a través dunha iniciativa de anos que encabeza por primeira vez o grupo Eulen, patrocinada pola Deputación. “Laboratorio Teatral” será unha especie de residencia exprés na que se formará a dez actores seleccionados nun cásting que terá lugar o día 5 de marzo no auditorio, ás 18.00 horas. O produtor executivo da actividade, Ramiro Neira, de Artestudio, explicaba que por riba de todo, priorizarase a ilusión dos aspirantes.

A proba non porá límite de idade pero a idea é que os escollidos asuman un horario practicamente profesional. Para participar nun taller de dramaturxia os días 15, 16 y 17 de abril, dirixido por Santiago Cortegoso, que acostuma a gardar unha estreita distancia cos seus alumnos, e continuar cun segundo obradoiro de voz, ortofonía e dicción, os días 22, 23 e 24 de abril, esta vez, a cargo da polifacética Estíbaliz Espinosa.

A parte educativa completarase coa práctica e o teatro que mastigarán neste tempo levará o nome de Roberto Vidal Bolaño. Será así como os dez traballarán nos textos que deixou o homenaxeado no Día das Letras Galegas nun proxecto que pretende ter vida máis alá do Colón e no que tamén confluirá a música e a poesía.

Desta forma, o grupo actoral representará tres funcións para escolares os días 13, 14 e 15 de maio, ás 11.00 horas, e outras tres máis dirixidas ao público adulto, o 14, 15 e 16, ás 20.30 horas. Coincidindo nunha semana das Letras que será poesía o 17, ás 20.30 horas, nun recital no que participarán os dez alumnos xunto a un concerto, o 18, ás 20.30 horas, que estarán conducidos por Estíbaliz Espinosa.

Dicía o director de “Laboratorio Teatral”, Valentín Rodríguez, que a intención era construír un produto profesional, que “no muera y pueda ser distribuido por Artestudio” e demostre que é moi interesante que os organismos públicos destinen cartos para este tipo de experiencias.

Os intérpretes elexidos terán tamén a oportunidade de ver as obras “Yo soy Don Quijote”, de José Sacristán, e “Shakespeare para Ignorantes”, de Mofa e Befa. como parte do programa. Que dará en ser tamén debate cunha mesa redonda o 2 de maio, ás 20.30 horas, con Cándido Pazó e Avelino González. Salteado todo con ensaios, que terán lugar do 29 de abril ao 12 de maio. A cargo dun elenco capitaneado pola intérprete Lucía Regueiro, que se unirá ao conxunto para verter a súa experiencia.

A actriz explicaba que lle apetecía moito “meter man nos textos de Bolaño” despois de traballar para a súa compañía e sinalaba a motivación extra que suporá aos dez o feito de actuar no teatro Colón. Como cando ela o pisou en 1990 da man dos seus compañeiros de escola.

 

O Grupo Eulen convoca un cásting para participar no proxecto de formación “Laboratorio Teatral”

Te puede interesar