O Goberno rectifica e aumenta a partida para a Academia ata os 682.000 euros

O Goberno rectifica e aumenta a partida para a Academia ata os 682.000 euros
Ferrín e Alfonso Sánchez firmaban onte un acordo de colaboración

 A Real Academia Galega verá incrementada a cifra de 380.000 euros que o Goberno destinaba á entidade nun proxecto inicial ata os 682.000 euros, unha cantidade idéntica á que recibirán as academias vasca e catalana. Deste xeito, o Ministerio de Cultura rectifica a súa postura calificada como “ofensiva” por parte do presidente Xosé Luís Méndez Ferrín e atende ás iniciativas parlamentarias presentadas polas tres forzas políticas galegas con representación en Madrid.

Hai que lembrar que tanto o Partido Popular como o PSOE e o BNG rexistraban enmendas nas que solicitiban un incremento orzamentario que fose equivalente ao asignado ás institucións da lingua destas dúas comunidades. Neste aspecto, a RAG enviaba onte un comunicado de agradecemento aos tres grupos políticos que “máis alá das súas diferenzas, coincidiron en querer defender Galicia dun agravio comparativo”. Deste sentimento solidario, os membros da institución dicíanse sentir “orgullosos” en canto a que esta actitude significa a dignificación para a cultura galega.

A RAG facía unha mención espacial para o equipo da Xunta e para o presidente Alberto Núñez Feijoo, “sabedores da súa xestión enérxica e eficaz diante dos responsables do Ministerio”. O mesmo empeño e amparo, engadían, que puxo a deputada Ana Belén Vázquez, “que levou o peso das negociacións”.

Por outra parte, os deputados do PP falaban do compromiso de Feijoo coa institución que preside Méndez Ferrín, algo que se materializaba a pesar da crise e da necesidade de xustificar ao máximo cada euro. “Hay que destacar que este importante incremento se logra dentro de los presupuestos más austeros de la democracia”, subliñaban os populares.

Ademais, destacaban que esta subida “es un gran motivo de satisfacción” polo feito de que un partido “de ámbito nacional, que tiene que conjugar los intereses de todos, haya valorado la necesidad de potenciar, dentro del marco económico actual, la cultura gallega”. Os deputados do PP enmarcan as enmendas do PSOE e o BNG dentro do lóxico labor da oposición: “Es fácil pedir cuando uno no tiene responsabilidades de Gobierno pero el Ejecutivo de Rajoy ha dejado claro que cuando toma decisiones tiene muy presente a Galicia”.

Aínda así, o responsable da RAG declaraba hai uns días que o orzamento segue estando por debaixo do necesario e chamaba a atención disto á Xunta, que “tiña que tomarse máis en serio o financiamento da entidade” porque “faino, pero é insuficiente”. Ferrín comentaba que hai unha serie de órganos internos que manter como son a gramática, o diccionario, a lexicografía e a onomástica, ademais dos servizos públicos que ofrecen desde a rúa de Tabernas.

 O apoio da TVG > Ao mesmo tempo que Cultura confirmaba este incremento, a Compañía de Radiotelevisión de Galicia (Crtvg) e a Real Academia Galega asinaban un convenio para colaborar na difusión e en accións organizadas pola institución, así como para cumprir funcións de asesoramento destinadas a mellorar a calidade lingüística das emisións dos medios públicos galegos. No acto estiveron presentes o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez, e Xosé Luís Méndez Ferrín. O acordo terá a súa primeira concreción en 50 microespazos divulgativos sobre o Día das Letras Galegas.

O Goberno rectifica e aumenta a partida para a Academia ata os 682.000 euros

Te puede interesar