O Colón cantaralle mañá a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario

O Colón cantaralle mañá a Celso  Emilio Ferreiro  no seu centenario
maría manuela será unha das intérpretes do concerto daniel alexandre

Soa a aquelas enciclopedias adaptadas que daban a oportunidade aos nenos de empaparse de cultura en grandes tomos que normalmente consultaban os que pasaban do metro de estatura. “O meu primeiro Celso Emilio” tivo unha concepción didáctica máis conforme foi medrando na cabeza de Xosé e Xiana Lastra, o disco pediu un libro e o libro, un concerto.

Editado por Xerais, o traballo de pai e filla fixo revivir oito cantigas do poeta revisadas por Xurxo Varela e Nani García, que foron quenes de darlle ao conxunto un novo aire. Para poñelo a funcionar nunha xira que mañá chega, ás 20.30 horas, ao teatro Colón da man da Fundación Celso Emilio Ferreiro, onde irá destinada a taquilla.

Cada espectador aportará cinco euros a cambio dunha achega a un dos grandes. A través de pequenas pinceladas da súa vida que o teatro regalará a modo de imaxes e vídeo. Para que o publico tome a groliños os acontecementos que lle rodearon. Entre canción e canción. Para rematar coa peza que a poeta Ana Caxiao lle dedica ao galeguista. En medio dun repertorio que soará distinto cun “Agardarei”, un “Moraima” e un “Irmaos” renovados.

No escenario estarán diante do micrófono Xiana, María Manuela, Mini e Mero. Os catro cantarán a Celso Emilio acompañados do piano de Nani García, o contrabaixo de Simón García, a guitarra de Xurxo Varela, o violín de Nuria Lestegás, o acordeón de Roberto Grandal, o baixo de Manuel e a percusión de Pepe. Os Dopico poñeranlle o seu toque nun directo no que Paco Barreiro tocará a guitarra. Facendo desfilar os contidos do disco. Un a un. O evento terá tamén o incentivo de ser gravado por R para a canle Tolemias.

 

PROXECTO

Aínda que o proxecto “O meu primeiro Celso Emilio” ten todas as propiedades para ser inxerido nos centros escolares, supón unha oportunidade para aqueles que non saben nada sobre o que mellor definiu aqueles tempos no que até os corazóns eran de pedra. E que non están moi lonxe do que pasa na actualidade.

O volume componse dunha biografía e unha escolma coas mellores xoias que saíron da súa pluma, unha selección que vai do social ao civil e intimista. Percorre todos os lados dun poliedro chamado Celso Emilio para que o lector non se quede nos poemas populares. E dea un paso máis. “Ergueremo-la esperanza”, “María Soliña” ou “Cantares” vestiranse de melodía. Pero dunha forma diferente ao anterior.

Serán novas versións nun auditorio que celebrará o centenario do escritor. Escollido por intérpretes como Luís Emilio Batallán ou o seminal Voces Ceibes e pasando por lecturas actuais como as que fixo o Marqués das Viñas, Celso Emilio é un dos máis musicados.

O tributo supoñerá o comezo dunha semana no Colón pola que pasará o venres, ás 20.30 horas, Antonia San Juan cos seus mellores monólogos. O humor seguirá presente o sábado nunha cita ás 22.00 horas protagonizada por Miguel Lago, Tomás García y Manu Badenes dentro de “Las noches de El Club de la Comedia” para rematar en forma de conto o domingo ás 12.00 horas en “Contos no Ar”.

 

O Colón cantaralle mañá a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario

Te puede interesar