“É como se no cine se limita todo a ‘Indiana Jones’. É unha obra mestra pero o cine, igual que o cómic, dá para moito máis”

“É como se no cine se limita todo a ‘Indiana Jones’. É unha obra mestra pero o cine, igual que o cómic, dá para moito máis”
O autor prepara un relato negro con certo regusto de crónica social e espírito clásico

Miguelanxo alertaba con “Ardalén” de que hai todo un universo agochado detrás de Mortadelo.

Coñece a obra de Manuel Álvarez e José María Merino?
Coñézoa so un chisquiño. Non son lector de poesía aínda que de cando en vez fago un esforzo. Non teño xustificación porque estou rodeado de grandes lectorese e o meu sentimento é mestura de pereza e culpabilidade. De Merino, coñezo máis á filla.

Dalgunha forma vostede tamén fai poesía coas imaxes.
Non, por moito que xogues coas palabras. Hai certo toque poético nas artes, na música e na pintura pero a poesía é poesía.

O xurado destacou o acabado das viñetas e da cor.
Non concibo outra forma de facelo. Hai un elemento que grazas a Duchamp quedou claro e que non podemos perder de vista que é a decisión do autor. Ese exercicio de correxir non deixa de ser como o que se sube a un taburete a High Park a despotricar. Pero esa liberdade do autor supón que se non se acepta, o libro non se vende nin para cubrir gastos.

Falaba hai meses de que o cómic pedía peli. Pensa na posibilidade de levalo ao cine?
Son os peores momentos posibles. O cine español está moi tocado e moito me temo que por tempo. Os investimentos son menores e o problema vén cando se lle acusa de todas esas maldades porque o éxito do sector non o dan catro superéxitos, senón a media de todas as producións. Para falar de cine español, hai que ter de todo. No cómic o que nos fallan son os supervendas. Non hai un herdeiro de Mortadelo e Filemón.

Por que?
Porque a estrutura industrial non tivo a capacidade de puxar por isto. Hai un bestseller internacional como “Blacksad” de autores españois que arrasa no mundo, pero os ingresos lévaos Francia.

Axudará o premio a ter unha maior conciencia?
Desde que se outorga, nas vendas apréciase que está chegando a xente non habitual. E prodúcese unha reacción de sorpresa de “non tiña nin idea que se estiveran facendo este tipo de cousas” porque pondera o tebeo de gran difusión e non hai nada comparable a Mortadelo, pero é como se no cine se limita todo a ‘Indiana Jones’. É unha obra mestra pero o cine, igual que o cómic, dá para moito máis.

Cal será a próxima historieta?
Tiña claro que quería facer algo de corte policíaco pero non como contalo. A realidade e o cabreo cando lía un xornal déronme a solución. Pensei que as novas de desafiuzamentos e preferentes podían ser un telón de fondo para facer un relato negro. O tono recupera un pouco o espírito dos clásicos e hai certo regusto de crónica social. Para reflexionar de que ao final aceptamos isto como unha especie de fatalidade.

“É como se no cine se limita todo a ‘Indiana Jones’. É unha obra mestra pero o cine, igual que o cómic, dá para moito máis”

Te puede interesar