Manuel González: "É un marco teórico para que despois cada un aplique o que queira"

Manuel González: "É un marco teórico para que despois cada un aplique o que queira"
Copia de El Ideal Gallego-2017-10-02-021-d8a23c4a

Manuel González presenta o seu primeiro poemario “A profecía e o xogo dos espellos” (Uno editorial) nesa necesidade de expresar un desacougo interior e a maneira de superalo. Por el e por todos, escribe. Faino a xeito de profecía que narra a modo e en distintas actos como se fose unha obra de teatro.

O resultado pode lerse en papel, pero tamén en https://aprofeciaeoxogodosespellos.wordpress.com/, onde colga videopoemas. Así, o lector vai até O Courel ou Os Ancares para sentir máis se cabe a liberación da protagonista: “Ela está pouco aceptada, un personaxe pouco gustoso”. Pero non o único porque González coloca enriba do escenario a unha andoriña cun pasado indigno e mal carácter, nada que ver co tópico que acompaña a ave e que a tilda de melancólica e romántica. A súa non o é. Vén dos infernos e comparte espazo no volume cunha flor negra “que ninguén quere no xardín”. González di que ten dereito a ser parte e solicita o seu lugar. E dunha meniña que viaxa ao mar e pide ás mareas que a leven, Manuel reflexiona sobre a importancia de facer múltiples lecturas para non acabar sendo un ente teledirixido. Manuel define o escrito como “un marco teórico para que despois cada un aplique o que queira”. O poeta pon a bailar á incerteza, tan detestada e “pouco aceptada pola sociedade, pero por que non vai ter espazo?”. Conta que a personaxe ten un contexto e recibe avisos para entrar en “polar (bi) bipolar” nunha catarse e perde o control sobre si mesma. Dáse conta de que a súa vida non é agradable e empeza a entender que non lle gusta. “Sabes bailar cos pés” fala da revisión de danos. Ela xoga consigo mesma, relaciónase coa natureza e cambia o que lle amola.

 

Liberación

Do mesmo xeito, González utilizou a poesía como terapia na que se vai encontrando, el e os estados de ánimo polos que pasa.

Os poemas son espellos onde un se pode ver reflectido. Cada peza leva un verso dun autor galego, que vén a dar respostas aos contidos da mesma. Completan o mosaico de voces e a protagonista consigue liberarse. Reacciona e obtén a “consumación” porque “o mundo é por e para ela”.

Manuel González: "É un marco teórico para que despois cada un aplique o que queira"

Te puede interesar