Manicómicos recorrirá ao pequeno formato para darlle saída aos talentos

Manicómicos recorrirá ao pequeno formato para darlle saída aos talentos
willy ã‰ter explicou que o pãºblico se situarã¡ arredor da escena para ver os espectã¡culos susy suã¡rez

A asociación cultural Manicómicos busca novas fórmulas para subsistir no sistema e ofrecerá o venres un espectáculo en pequeno formato co obxectivo de darlle saída a todo canto ferve no seu local da rúa de Andrés Gaos. O colectivo tratará así de que os talentos saian a flote e o público se enriqueza. Que non se quede na casa por culpa dos cartos e poida ter unha ración de cultura a un módico prezo.

Deste xeito, os espectadores situaranse no baixo de Manicómicos arredor da escena. Debuxarán un círculo e sentirán a dramaturxia de preto nunha proba piloto ás 19.30 horas que terá continuidade. A idea é que os veciños participen activamente nun reduto no que se habilitará unha zona para o ambigú.

Contaba Willy Éter que os interesados poderán ver os espectáculos “Un día de playa”, de Marta Iglesias; “Aínda Nada”, de Vanessa Rivas e Jose Ubieta; “Doctor Thanatos... supongo”, de Confetti Brothers; e “Pactar con la Banca”, con Carlos Sante e Dani Lorenzo, por unha entrada de socio colaborador.

O espectador comprobará o traballo in situ deste viveiro de actores por dez euros ou ben poderá ver unha das montaxes por tres euros. O membro do colectivo sinalaba que a realidade obriga a acudir a outros patróns e a comprimir o enxeño en menos metros cadrados. Aderezados de luz e son e con cabida para un máximo de 50 persoas.

Willy Éter aseguraba un gran ambiente de festa en cada unha das citas programadas, que servirán para dar a coñecer novas creacións e aos artistas que non teñen máis oportunidades de amosar a súa valía por mor do momento de crise.

 

filomatic

Os de Manicómicos actuarán mañá na sala Filomatic ás 22.00 horas. A asociación voltará á carga cun novo cabaré cómico que ofrecerá os últimos números de clown feitos por alumnos e profesores.

Neste aspecto, advirten aos interesados en asistir que terán que ter a suficiente intelixencia como para enfrontarse a “tanta tontería”. Nun evento no que están asegurados os sorrisos. Durante hora e media na que o grupo actoral presentará pezas recén saídas do forno da man de Carlos Sante e por catro euros.

Manicómicos recorrirá ao pequeno formato para darlle saída aos talentos

Te puede interesar