Maneiro | “Quero escapar do personaxe no que levo metido 25 anos en Galicia”

Maneiro | “Quero escapar do personaxe no que levo metido 
25 anos en Galicia”
Maneiro presentará na Mardi Gras o seu primeiro traballo en solitario

Quere quitar definitivamente a chaqueta de la para poñerse un traxe feito a medida, onde Maneiro conta o seu amor “furtivo” en melodías que saben a rock sucio e ovos, os que lle bota á vida para darlle en solitario máis caña ao espectador. A diferenza da maioría dos artistas, Maneiro vai de menos a máis. Carreta palés, ten a letra. Despois vén a melodía e na casa fai. Cancións.

Que concentra “Furtivos”?
Son cancións de hai tempo, unha é de Jabon Blue, “Juana e Juan”. É unha reversión, non estaba tal e como estaba. Agora ten sonido “furtivo”.

Como define o seu son?
É un rock sucio.

Pero igual de necesario.
Claro, é que para min o mundo está cheo de guapitos e cancións románticas.

Non tocarán ningún tema de Heredeiros?
Nin de coña. Quero escapar do personaxe no que levo metido 25 anos en Galicia, desvincularme do idioma e despois do sonido, que é moito máis cañonero que Heredeiros e logo na temática.

Non falará da primavera?
Non, falo de sentimentos, de vir e equivocarse como “Lágrimas felices, triste sonrisa” ou “te echo de menos” en “Niña Margarita”, e como na vida hai que botarlle ovos como en “Qué gran tortilla”. Despois de tantos discos, tocando en dous grupos de rock galego, non é que deserte, pero quero emprender un camiño distinto, coller un atallo, algo que me encha moito máis. Non era que estivera aburrido, pero quero romper a monotonía e lanzarme a un amor furtivo, saír de Galicia.

Como maquina ese darse a coñecer?
O importante é non correr. Acabo de conseguir un crowdfunding e estivemos ata o sábado repartindo cazadoras, agora estaremos co disco á venda para meternos nos poucos lados que hai porque practicamente temos os concertos para facelo. Queremos darnos a coñecer e se pode ser deixarnos caer nalgún festival. Pero todo isto con miras ao ano que vén. Toca promocionarnos. Estivemos en Holanda, Alemaña, Sudamérica...

Como está resultando esa promoción no estranxeiro?
Moi ben porque a calidade da música e o sonido gustan. Faremos case todo o traballo promocional fóra. Non é un disco sencillo. Hai moito traballo detrás.

Desde cando comezou a pensar nun proxecto en solitario?
Xa levo traballando nel desde Heredeiros, pero tiña que esperar ao momento adecuado para montar o equipo de traballo no que te sintas a gusto.

Como soa “Furtivos” en directo?
É algo así como o día de hoxe, nubrado e con ameaza de tronada. Que bonito! Si moito, date conta que non estamos no momento máis fácil para promocionar o disco. Todo o mundo está facendo o mesmo. Trátase de chegar pouquiño a pouco, temos un disco cun deseño moi bonito do meu amigo Raio e producido por Iago Lorenzo, que me puxo un traxe no que me sinto super a gusto.

Difícil pensar en Maneiro sen a súa posta en escena habitual.
É verdade, unha vez que Maneiro pon un pé no escenario, transfórmase. Paso de levar carretillas a ser o meu propio xefe. Sóltome e son enerxía. O importante destes concertos é o sonido, facer soar as cancións de verdade, que a xente se emocione coa voz e coa música.

Como foron saíndo os temas deste primeiro álbum?
A maioría saen traballando na fábrica carretando palés de peixe, cando xorde unha letra. vén despois a melodía, así que en canto me inspiro, apunto as letras por detrás das etiquetas e vou cantando todo o día para que non se me olvide. Case toda a miña produción vén enlatando o peixe.

Maneiro | “Quero escapar do personaxe no que levo metido 25 anos en Galicia”

Te puede interesar