Máis de 500 músicos encherán de folclore As Pontes na XII Romaría Coral

Máis de 500 músicos encherán de folclore As Pontes na XII Romaría Coral
O presidente da Diputación destaca o evento como unha cita imprescindible da música galega

O municipio coruñés de As Pontes de García Rodríguez será o escenario, este domingo 11, do maior encontro de coralistas de Galicia. A XII edición da Romaría Coral Galega, que contará cun total de 22 agrupacións, congregará a miles de personas amantes da música tradicional e o folclore galego.
En total, máis de 500 músicos daranse cita na Praza do Carme, onde interpretarán sete obras “a capella” e outras tres acompañadas pola Banda Cultural e Recreativa de As Pontes.
O evento foi presentado onte na sede da Deputación de A Coruña, que colabora na organización, nunha rolda de prensa que contou coa asistencia do presidente da corporación provincial e tamén alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, o presidente da Federación Coral Galega (Fecoga), Antonio Rey Cornide, e o presidente da Coral Endesa, Gilberto Rubido.
Os representantes das entidades organizadoras coincidiron en destacar a relevancia da Romaría Coral Galega coma punto de reunión para os músicos galegos desta disciplina. Tamén resaltaron a importancia deste tipo de eventos na cultura popular, xa que se trata dunha cita con múltiples vertentes, coma a lúdica ou a gastronómica, “que pon de manifesto a riqueza das tradicións galegas”.
“Trátase dun punto de xuntanza para as familias e amigos”, sinalou Antonio Rey, que destacou que a Romaría Coral precisou de “cinco meses para preparar o repertorio e poder asegurar a calidade das edicións anteriores”. Pola súa parte, Valentín González Formoso insistiu en que este encontro consagrará ao municipio de As Pontes coma “capital galega das corais”, poñendo en valor esta actividade tan arraigada na zona.
A XIII edición deste concerto contará, coma nos anos anteriores, con actividades diversas coma unha misa solemnizada pola Coral Endesa-As Pontes ou unha comida popular. A actuación das corais comezará ás 19.00 horas cun programa que combina obras populares galegas con pezas clásicas e incluso música zulú.
As corais participantes son Perla del Río (A Coruña), Xúbilo (A Coruña), Conxunto vocal Lugh (Lugo), Rondalla Alecrín (Ourense), Agolada (Pontevedra), De Baredo (Pontevedra), Airiños de Nós (A Coruña), Amigos de Compostela (A Coruña), Coro de cámara Música Viva (Ourense), Pazos de Borbén (Pontevedra), Alborada de Cabral (Pontevedra), De Mera (A Coruña), S. Pedro de Domaio (Pontevedra), Lembranzas da Terra (A Coruña), Ponte Mantible (A Coruña), Pazo de Oca (Pontevedra), Endesa-As Pontes (A Coruña), La Salle (A Coruña), Fonte do Souto (A Coruña), De Oleiros (A Coruña), Eterna Xuventude (A Coruña) e Orfeón Herculino (A Coruña).
A Romaría Coral Galega permitirá escoitar pezas da música tradicional desta comunidade interpretadas ao unísono por máis de 500 voces masculinas e femininas.
Nos últimos anos, esta cita musical consolidouse como un dos eventos máis importantes da cultura tradicional galega e encherá a Praza do Carme con miles de fieis ao son da terra.

Máis de 500 músicos encherán de folclore As Pontes na XII Romaría Coral

Te puede interesar