Luar na Lubre ofrecerá un recital de 25 temas na presentación de “Mar maior”

Luar na Lubre ofrecerá un recital de 25 temas na presentación de “Mar maior”
o grupo ofrecerã¡ esta noite no teatro colã³n os temas do seu novo traballo quintana

Quizais o feito de estar trece semanas na lista dos traballos máis vendidos é moito máis importante a estas alturas cos dous discos de ouro obtidos por “Plenilunio”. Luar na Lubre, dicía Bieito Romero, non se escoita na radio e a súa rede de distribución paralízase nos Pirineos pero o poder do folk, apunta, chega aos puntos máis insospeitados do mapa onde sempre hai alguén cunha carátula disposta a ser customizada polo grupo.

A formación volve a casa, máis en concreto, ao Colón, onde desplegará a partir das 20.30 horas un repertorio composto por 25 temas. Porque non están dispostos a aplicar ningún tipo de recorte ao que fan, Luar na Lubre quere reatoparse cos seus cunha gran fartura musical onde presentarán en directo o seu último disco “Mar maior”, que contén por unha parte o que levan a facer desde que comezaron que non é outra cousa que tomar o legado tradicional e arranxalo a súa maneira e reivindicar o galaico-portugués, algo que iniciaban no álbum anterior “Solsticio”.

Segundo o líder da banda, a música desta época non está valorada dabondo no país mentres que os italianos, alemáns e franceses están a facer auténticas marabillas con Martín Codax e as Cantigas de Santa María. Por último, o proxecto versiona a banda sonora de Irlanda recollida no Libro das Invasións, onde os galegos teñen un especial protagonismo. As páxinas que escribiron os monxes irlandeses no século XI falan de Breogán, da comarca coruñesa e da construción da Torre de Hércules. Eles son os segundos que fan un trasvase á musica deste volume. Aínda así, non tiveron nunca a oportunidade de tocar en Irlanda pola dificultade que entraña o feito de que non organizan festivais folk de carácter internacional.

 

a suba do ive, un torpedo

Tras 22 concertos por todo o estado, con catro a modo de pistoletazo de saída no Círculo de Belas Artes de Madrid, Luar na Lubre sobrevive no sistema discográfico da man de Warner, que unicamente distribúe copias en España, polo que os de fóra poden facerse coa súa música polas vías da importación e a través da rede. Neste aspecto, o grupo amosaba o seu total desacordo ante a suba do IVE nos espectáculos culturais que significa para eles algo así como “un torpedo á liña de flotación da cultura”.

 

Luar na Lubre ofrecerá un recital de 25 temas na presentación de “Mar maior”

Te puede interesar