As letras galegas póñense o traxe de festa

As letras galegas póñense o traxe de festa
El Ideal Gallego-2014-05-16-014-012cc76f

As letras galegas saen do papel. Enfúndase un traxe que pasa por ser exclusivo en moitos dos espazos e falan de libros, son concerto, recital e incluso bebida divertida. Así é como no día no que se recorda a un escritor coma Xosé María Díaz Castro, que dixo aquelo de que Galicia daba un paso para adiante e outro para atrás, a cocteleira de A Rincadeira axitarase  mañá para presentar en bandexa “Nimbos”, preparado con albariño ademais de outros produtos do país, un combinado que se degustará con cultura, a que poñéran a librería Sisargas e a asociación Irmáns Suárez Picallo. Todos os que acodan á cita poderán pintar letras galegas na cristaleira. Nunha festa que se adianta hoxe no CGAI. Alí, José Manuel Sande, Xurxo González e Martin Pawley presentarán a videopoesía “Proxecto Nimbos”, ás 20.30 horas. 
A festividade será tamén lembranza mañá en San Amaro cunha visita guiada polo camposanto adicada aos grandes, que lle sacaron brillo ás letras. O Concello comezará ás 20.30 horas un percorrido polas tumbas dos autores claves do Rexurdimento, Eduardo Pondal, Curros e Murguía para abordar a obra e o contexto dos Manuel Lugrís, Galo Salinas, Eladio Rodríguez, Wenceslao Fernández Flórez, Clara Corral, Francisca Herrera, Elisa Lestage, os irmáns Vilar Ponte, Evaristo Mortelo ou Francisco de la Iglesia, que tamén ocupan unha parcela con vistas ao mar. As rutas organizadas por Turismo a través do cemiterio son de balde e para participar nelas basta con chamar ao número de teléfono 981 923 093 ou na mesma Oficina de Turismo, na praza de María Pita. Pola súa parte, a Fundación Novacaixagalicia propón para mañá unha primavera poética, na que Díaz Castro será a flor máis bonita do xardín. 
Haberá obradoiros para nenos, pero tamén para adultos nos que os maiores profundizarán na pegada do autor encadrado na xeración do 36 e pertencente ao grupo de Seminario de Mondoñedo. Os participantes indagarán sobre “Nimbos”, a súa obra referente e analizarán “Penélope”, un dos poemas máis aplaudidos da literatura galega. Para inscribirse nesta achega ao de Guitiriz, un terá que facelo no centro sociocultural de Novacaixagalicia. 
Na librería Suevia, o Día das Letras Galega será un conto ás 13.00 horas, a cargo do colectivo Falaloba. Pola tarde, presentarase ás 18.00 horas o libro “Contra a morte das linguas. O caso galego”, nun acto no que participará a profesora Pilar García Negro e o propio autor, Miguel Moreira. Xa ás 20.00 horas, Xosé Duncan falará do seu. Titúlase “A porta de Annwn. As crónicas de Bran Vol.2”. 
O centro Ágora será un escenario no os pequenos amosarán as súas habilidades artísticas no quinto Festival infantil “O berce de Donaire”. Nel participarán a partir das 17.30 horas máis de 200 cativos de Donaire, pero tamén de Faragullo, de Teixeiro, e Vai de Roda, de Rianxo. 
A Deputación levará de paseo ás letras por Méndez Núñez, onde haberá xogos tradicionais e o espectáculo “A nena e o grilo nun barquiño” de Magín Blanco, ás 19.00 horas. Na biblioteca  provincial haberá unha exposición sobre o homenaxeado e todos aqueles que leven un libro en galego serán condecorados cun agasallo, así como cunha guía de lectura sobre un día que onte xa se celebraba na escola Pablo Picasso arredor dunha mesa onde as letras proviñan en parte de Jorge Llorca. n

As letras galegas póñense o traxe de festa

Te puede interesar