Juan Manuel Díaz Villoslada, novo xerente da Univerisdade

Juan Manuel Díaz Villoslada, novo xerente da Univerisdade
Díaz Villoslada

O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, ven de comunicar a toda a comunidade universitaria o nomeamento de Juan Manuel Díaz Villoslada como xerente da Universidade da Coruña, logo de que onte fose aprobado polo Consello Social por proposta do reitor.

Díaz Villoslada substitúe no posto a María Jesús Grela Barreiro que pasa a exercer funcións administrativas na Facultade de Ciencias. María Jesús Grela Barreiro exerceu funcións na xerencia desde 2005, primeiro como Vicexerenta e nos últimos tres anos como Xerenta.

Juan Manuel Díaz Villoslada é funcionario do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia. Está licenciado en Dereito, e cursou un posgrao en Dirección de Recursos Humanos. Ten unha longa experiencia profesional en postos de xestión. Foi técnico de xestión na asesoría xurídica na Dirección Provincial do INSALUD en Ourense. Estivo máis de dez anos na Xunta de Galicia como técnico superior de xestión, inspector de servizos e subdirector xeral de Administración Local. Desde o ano 2000 exerceu o seu labor no Concello da Coruña, como Xefe do Servizo de Persoal e director de Servizos Xerais, Facenda e Interior. É tamén profesor colaborador en distintas universidades e na Escola Galega de Administracións Públicas.

 

Juan Manuel Díaz Villoslada, novo xerente da Univerisdade

Te puede interesar