José Manuel Lage | “Puido haber alguén que pensou que ía inventar a roda cos orzamentos participativos pero xa o estaba”

José Manuel Lage | “Puido haber alguén que pensou que ía inventar a roda cos orzamentos participativos pero xa o estaba”
El Ideal Gallego-9999-99-99-999-e78f50bd

Chega a María Pita consciente do reto que supón e que afronta como “xogador de equipo”. Durante estes catro anos, José Manuel Lage Tuñas, se hará cargo de las concejalías de Economía, Facenda e Réxime Interior, algo que compaxinará co papel de voceiro dos socialistas no Concello, tarefas todas elas para as que ven “lixeiro de equipaxe e sabendo que intentaremos facelo o mellor posible”, asegura.

Levará tres áreas de gran peso, cales son os proxectos prioritarios? 

O esencial é recuperar o liderazgo social e económica da Coruña. Poñer, polo menos as bases porque penso que os últimos oito anos foron un tempo perdido onde a cidade perdeu pulso, liderado e a capacidade de posicionarse en Galicia e en España. A Coruña ten que facer bandeira do mellor que ten, da innovación, do talento. Temos que ser conscientes de que estamos nunha cidade que veu nacer a unha das principais multinacionais e iso non hai que vivilo con sentimento de culpa senón de orgullo. Temos empresas moi relevantes ás que non hai que ver con desconfianza senón como xeradoras de emprego e oportunidades.
 
Unha das demandas de tódolos grupos é ter orzamentos canto antes e mesmo nos documentos asinados coa Marea e o BNG aseguran que en setembro comenzarán a negociar os de 2020. Seguen mantendo esa previsión? 

A política que fagamos debe ser sempre de man tendida onde o diálogo sexa unha ferramenta de primeiro orde e ademáis todo o que estamos facendo responde ao encargo que nos fixo a alcaldesa da cidade. Para nós este primeiro mes será fundamental para abrir un novo tempo. Estamos contando con todos os grupos, aínda que prioricemos as forzas progresistas, porque entendemos que construir cidade tamén é recoñecer a pluralidade. O compromiso que temos é que antes de que remate o mes de setembro comezar as conversas para negociar os orzamentos do 2020 e teño que recoñecer que os grupos, ao igual que o Goberno, manifestaron a mellor disposición ao entendemento.

E seguirán sendo participativos? 

Claro. Non hai unha única forma de dialogar cos cidadáns en exclusiva nin ninguén ten a patente de como se conforman os orzamentos. Hai algunhas experiencias en torno aos orzamentos participativos, unhas son satisfactorias e outras son mellorables. En calquera caso, todo aquelo que funcione razonablemente se manterá. Nós non vimos inventar a roda porque xa estaba inventada desde hai moitos anos, polo tanto puido haber alguén que ao mellor nun momento determinado pensou que ía inventar a roda pero creo que á vista está que xa o estaba.

O que imos intentar é falar coas diferentes organizacións sociais, imos darlles toda a posibilidade de participación pero non facendo deixación de funcións porque nos elixiron os cidadáns para ser representantes e para tomar decisións. 

A débeda viva do concello baixou nos últimos anos pero segue sendo das máis altas. ¿Como teñen pensado reducila sen que isto afecte aos investimentos? 

Intentaremos facer unha política que permita un equilibrio razoable entre a reducción da débeda sen que iso supoña un problema no eido inversor. Temos que ser conscientes de que a nosa prioridade son as persoas e temos moitas accións para poder desenvolver nos próximos catro anos polo tanto cumpriremos coas nosas obrigas. 

Enriba da mesa teñen tamén case 70 expedientes pendentes de licitar. Darán prioridade a algún? 

Somos conscientes de que o Concello segue funcionando aínda que haxa eleccións, polo tanto estamos nun proceso de estudio de todos os expedientes. Todos os concelleiros e concelleiras están traballando xa desde o primeiro día cos expedientes que quedaron do anterior goberno e intentaremos á máxima brevidade ir dando responsta.

Tentarán mellorar o periodo de pago a proveedores? 

É algo que nos preocupa. Sabemos que a corto plazo non vai ser fácil pero o que esperamos é a medio prazo ir pouco a pouco camiñando nunha reducción. É un reto e polo tanto somos consientes de que non imos poder cambiar en dous días unha situación que leva sendo, nos últimos catro anos, un problema.

Nos seus plans entran rebaixar impostos como o IBE ou o de matriculación? 

Cando abordemos o orzamento de 2020 poderase ver a liña que imos seguir. Por agora é precipitado entrar no que imos facer, prefiro ser prudente. É necesario un periodo de estudio sosegado de cal é a realidade e se irán tomando decisións despois de ter conformado unha idea de conxunto de cal é a realidade que temos hoxe e o marxe que temos.

Tendo en conta a importancia do turismo para a economía local, como traballarán para que a cidade sexa un foco de atracción? 

O turismo vai a ser unha ferramenta de primeiro orde, fundamental á hora de buscar a dinamización económica da cidade. Todo o que se faga no ámbito económico, debe de estar falado, coordinado cos diferentes sectores da cidade. O Concello ten vontade de concertar cos axentes económicos, coas diferentes entidades que representan comerciantes, hosteleros, sector turístico e empresarial en xeral... aí temos unha vocación clara de búsqueda de sinerxias. 

Entendemos que non hai que ter ningún tipo de alerxia á relación co tecido económico, o que temos é que traballar precisamente para o crecemento económico da cidade polo tanto para que haxa máis oportunidades, en termos de emprego, de dinamización económica e de crecemento. Nese plano, penso que o turismo é fundamental, é unha pata que está por potenciar.

Intentarán desde o Goberno local estreitar lazos co Porto e impulsarán Punta Langosteira? 

É deses asuntos estratéxicos onde hai que volcar tódolos esforzos con todos os grupos e todas as institucións. Polo tanto, falemos de Punta Langosteira ou do porto o que temos é que pensar que estamos falando de construir e deseñar a Coruña do presente e do futuro e nesa liña hai que facer todos os esforzos posibles cunha visión aberta. Non intentando impoñer nada, senón intentando poñer de acordo a moitos intereses contraspostos que se producen nestas situacións. Hai unha cousa moi importante: temos que ser capaces de abrir moito máis Coruña ao mar. 

A parte que ten que ver con toda a zona da lonja debemos de ser capaces de que non haxa a sensación de que non forma parte da cidade. Aí hai un reto e nese reto xa están traballando o propio concelleiro de Urbanismo e outros compañeiros do goberno. E haberá que falar co Estado sen dúbida ningunha.

Hai uns días, a xunta de persoal advertiu sobre as consecuencias que traerá nun par de meses a mobilidade e carencia de funcionarios municipais nalgúnhas áreas. Convocarán novas prazas ou redactarán unha nova RTP para paliar este problema? 

Estamos estudiando a situación do conxunto do persoal do Concello, é unha situación que desde logo nos preocupa e nos ocupa, somos conscientes de que as advertencias que fan os representantes sindicais son realistas porque aquí o que estamos vivindo agora é consecuencia das decisións que tomaron determinados gobernos en España e que quen o sufre son os concellos. 

Os concellos son a principal administración que se relaciona cos cidadáns polo tanto, quen sufre as consecuencias dos recortes no persoal son os veciños. Porque, ao final, cando falamos de empregados municipais estamos a falar dos servicios sociais, da situación nas escolas infantís...

Estamos estudiando cal é a situación concreta e, a partir de aí, veremos cales son as medidas que hai que tomar. Eu non descarto que teñamos que adoptar decisións a partir de setembro que permitan abordar con claridade cal é a problemática, o que podo asegurar é que non imos estar parados.

Tanto co BNG como con Marea as portas sempre están abertas, o que non hai é un horizonte fixado

Un dos mantras que repiten no PSOE desde a súa chegada a María Pita é que este debe ser o mandato do diálogo, polo que a búsqueda de consensos con todas as forzas é un dos obxectivos prioritarios. A posible entrada nun futuro das outras dúas forzas progresistas no Executivo local segue sen descartarse, tal e como indica Lage.

No pleno de organización fixo varias referencias ao diálogo como liña mestra deste mandato. Non teme que haxa discrepancias insalvables coas outras forzas, especialmente, coas progresistas? 

Eu creo que o diálogo é unha ferramenta de primeira magnitude, debe facilitar que se acabe coa política de trincheiras que  seguramente nalgún momento ten sido moi evidente. Discrepancias e posicións  políticas diferenciadas é lóxico que as haxa porque somos formacións distintas pero que haxa diálogo, respeto e convivencia normalizada é fundamental e nese sentido imos traballar. Algunhas veces o diálogo dará froitos e outras veces as forzas non sempre van chegar a acordos. Polo tanto, non somos partidarios de aplicar cordóns sanitarios.

Creo que a cidadanía está cansada de ver que os representantes públicos se tiran os trastos á cabeza permanentemente e non son capaces de chegar a acordos. Pola nosa parte non vai faltar o esforzo desa necesidade. E se alguén por algún movemento táctico fuxe dese escenario vai quedar retratado porque a nós non nos van encontrar en confrontacións estériles.
 
Todos os grupos destacaron a súa capacidade negociadora, especialmente a voceira do PP, Beatriz Mato. Qué opinión lle merece o anuncio que fixo hai uns días sobre que a súa oposición será de “corpo a corpo”? 

Vaia por diante o meu respecto á voceira do PP coa que manteño unha relación persoal cordial como con todos os voceiros. Agora, eu tamén entendo que o PP está na oposición e ten un papel a xogar. Espero que non opten por unha política de terra queimada e por unha política pensando no interese xeral da cidade. Espero que sexan capaces de cambiar o chip. Aquí non hai un goberno sectario, hai un goberno que ten a man tendida polo tanto que pensen que a cidadanía valorará tamén como actúen. A estratexia política que deseñe o PP non me corresponde a min comentala, o que si podo asegurar é que o PP e a súa voceira sempre van a ter respecto e a posibilidade de que nos sentemos e falemos do que lle importa á cidadanía. 

¿Seguen a manter as portas abertas á entrada da Marea no Goberno nalgún momento do mandato? 

Tanto o BNG como a Marea Atlántica asinaron con nós un acordo programático e penso que é un camiño no que se vai ir vendo o grado de complicidade e as posibilidades de que o entendemento poida ser maior no futuro do que é agora. Co cal, tanto co BNG como coa Marea as portas sempre están abertas, o que non hai é fixado no horizonte un momento para abordar iso. 

Non é cuestión de recurrir a un clásico, pero dicía Machado que ‘se fai camiño ao andar’. Non podemos adiantar o que pode suceder no futuro, o que podo dicir é que o acordo co BNG e coa Marea é un pequeno botón de mostra de que, en menos dun mes, este goberno non só ten capacidade de diálogo senón que tamén é capaz de plasmalo en acordos concretos dando resposta a esa maioría progresista. O futuro non está escrito e as portas non están pechadas, estamos aínda arrancando.

José Manuel Lage | “Puido haber alguén que pensou que ía inventar a roda cos orzamentos participativos pero xa o estaba”

Te puede interesar