“A incidencia da gripe A está a ser baixa comparando a onda deste ano coa doutros”

“A incidencia da gripe A está a ser baixa comparando a onda deste ano coa doutros”
manuel varela rey ofrece rp para facer balance da campa�a de vacinacion antigripal foto: ana varela

O segundo falecemento dunha persoa afectada pola gripe A no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña preocupa á cidadanía. No entanto, desde a Consellería de Sanidade tranquilizan á poboación porque agardan que comece o descenso do contaxio.

Como está a evolucionar a afección da gripe A?
Neste momento, polos datos que temos, pensamos que chegamos ao pico da onda e que imos iniciar o descenso. Definimos a situación como estable no senso de que non parece que haxa aumento no número de casos. Van seguir aparecendo moitos pero non hai diferencia con respecto á semana pasada e á anterior.

A incidencia está nos parámetros dunha gripe normal?
Si, incluso ten unha incidencia baixa comparando a onda deste ano coa doutros. En Galicia é unha onda media pero tirando á baixa e comparada con outras comunidades tamén estamos na parte baixa. O que é un pouco diferente é o número de ingresados que, sen ser excepcional, é maior que outros anos no que correspondería polo tamaño da onda.

Afecta máis na Coruña?
A enfermidade está distribuida de maneira global pero é verdade que ten algo máis de intensidade na franxa atlántica porque tamén é onde hai máis densidade de poboación e isto se transmite de persoa a persoa. A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo están máis afectadas pero non se notan grandes diferencias entre zonas urbanas, algo que si detectamos con respecto ao rural.

Na cidade faleceron dúas persoas e hai preocupación, a xente debe temer unha epidemia ou máis casos de falecidos?
Non, agora estamos iniciando o descenso e o esperado é que vaia diminuíndo o número de casos e o de ingresados, e polo tanto o de falecemento. Pero iso non quere dicir que non poida haber algún falecido máis nos próximos días ou semanas.

Estamos en cifras similares ás doutros anos no que respecta aos falecementos?
Estamos nos 12 falecidos e, normalmente, hai entre 10 e 20 por tempada. Co cal, é un número da parte baixa dentro dese rango.

En calquera caso, por que se están a dar estas mortes? A gripe A é máis virulenta?
En xeral non é máis virulenta pero ten a particularidade de que afecta á xente entre 40 e 65 anos nunha porcentaxe superior ao outro virus que circula. Provoca un cadro máis grave que obriga ao ingreso nunha pequena porcentaxe desta poboación e, por iso, hai un aumento nos datos.

A xente ingresada tiña patoloxías previas?
Si, a maioría tiña un factor de risco por patoloxías previas que facían recomendable vacinarse e a maior parte dos enfermos por desgracia non están vacinados. Os máis graves son xente cunha patoloxía de base cardiovascular ou inmunodepresiva.

Cales son as recomendaciones para evitar o contaxio?
As recomendacións que sempre facemos son, por un lado vacinarse, levar etiquetas respiratorias, lavarse frecuentemente as mans... Tamén é conveniente evitar as aglomeracións porque a posibilidade de contactar con infectados é maior e se hai que visitar a algunha persoa con catarro o mellor é demorar a visita ou protexerse ben. 

“A incidencia da gripe A está a ser baixa comparando a onda deste ano coa doutros”

Te puede interesar