“Hai que facer que empresas como Inditex se involucren en anclar o talento”

“Hai que facer que empresas como Inditex se involucren en anclar o talento”

Hoxe cúmprense catro meses desde que os traballadores e alumnos da Universidad de A Coruña elixiron  un novo Goberno para a institución académica. Goberno do que Salvador Naya, matemático, estadístico, e con ampla experiencia como investigador e docente na Escuela Politécnica de Esteiro, ocupa a vicerrectoría de Política Científica, Investigación y Transferencia.

Vostede sucede no cargo a Ricardo Cao, tamén matemático, e co que coincidiu en proxectos de investigación.
Si, precisamente veño de estar traballando con el nun tema de investigación hai uns minutos.

Que diferencias establecerá coa súa etapa? Que conservará e que cambiará?
Esta é unha transición con poucos cambios. Ricardo deixou o listón moi alto, e realmente vaise manter a mesma política que el empezou. Moitos dos temas que el comezou xa están rematados e continuaremos os que quedaban sen acabar.

Por exemplo?
A miña idea é potenciar os grupos de investigación, facelos máis competitivos. Tamén teño a tarefa de conseguir un achegamento maior coas empresas da contorna. Isto é algo que xa se iniciou na etapa anterior, por exemplo coa colaboración con Navantia no Asteleiro 4.0, onde eu estaba como investigador. Ese é un bo exemplo a seguir. Tamén está a colaboración con Repsol, con Paideia, con diversas empresas da comarca coruñesa. Debemos intentar aproveitar a labor de mecenado que teñen esas empresas. E tamén intentar conseguir que as empresas se sirvan dos grupos de investigación e intenten aproveitar o que fan. Trátase de aumentar o labor social que ten a Universidad neste sentido.

Falemos de cifras. Cales lle gustaría aumentar?
As cátedras coas empresas. E máis as do sector TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación), do que hai boas empresas na comarca da Coruña. Tamén hai que traballar con empresas como Inditex e intentar que se involucren na medida no posible para intentar anclar o talento que temos e se nos vai. Os recortes están afectando moito á investigación e non podemos reter aos mellores investigadores.

Que medidas se poderían tomar, na súa opinión?
Establecer axudas para fixar o talento aquí, pero tamén para que o talento que xa se foi poida volver. Nestes  momentos de recortes, un dos que máis sufriron foron os investigadores talentosos e con currículums brillantes. Remátalles o contrato e non hai xeito de que poidan continuar, porque as prazas de profesorado sufriron recortes e están suxeitas á tasa de reposición (o vicerrector refírese ás limitacións para repoñer docentes impostas polo Goberno debido á crise). Foi moi duro. Non houbo repostos e é case imposible que a Universidad manteña a investigadores se non ten posibilidade de aumentar o número de docentes.
A Universidad de A Coruña ten dificultades económicas propias. Ise é outro factor que está a tirar para abaixo no desenvolvemento da investigación?
Tira para abaixo porque hai menos proxectos. Desde que empezou a crise houbo unha reducción clara de proxectos a nivel do Ministerio. Houbo unha caída en picado. Loxicamente, se non hai proxectos onde se poida contratar aos investigadores, acaban marchando fóra e buscando saída noutros países. A verdade é que nos últimos anos, desde o 2008, houbo unha reducción dun 13% na investigación. O I+D viuse mermado. Foi un retroceso a niveis de principios da década dos 2000.

O ranking do Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas e do BBVA publicado o ano pasado clasifica as universidades españolas en dez niveis de productividade investigadora e docente. No do ano pasado, a Universidad de Santiago está no quinto grupo, a de Vigo no sexto, e a da Coruña no oitavo. Sería a que peor nota saca das galegas.
Eu, que son estadístico, podería falar un pouco sobre como se fan os rankings. Á Universidad de A Coruña perxudícalle bastante a maneira de facer os rankings, porque non se valoran temas nos que somos punteiros, como poden ser a transferencia con empresas, os contratos, as unidades mixtas... Proxectos como A-Tempo (que investiga avances en tecnoloxías mariñas)... Todo iso non entra no parámetro dos rankings, mentres que si se teñen en conta outros temas.

Cales serían eses temas que si se valoran na elaboración do ranking e cos que se perxudica á Universidade?
Ter un premio Nobel, por exemplo, supón un aumento desmesurado. Nós estamos polo bo camiño, estamos comezando a subir na productividade, nos artigos publicados. Estamos subindo nos rankings de universidades novas, coas que nos podemos comparar, aquelas  que teñen menos de 50 anos de historia. Aí xa estamos no top ten, entre as dez mellores de España. Creo que estamos ben posicionados. Esta foi unha labor dos que me precederon, especialmente de Ricardo Cao, ao apoiar aos grupos competitivos e a investigación. Agora iso estase notando no aumento dos valores que acadamos nos ranking.

Recentemente publicáronse os resultados da preselección da convocatoria das axudas á investigación e desarrollo Mineco, do Ministerio de Economía e Competitividad. Máis do 40% das solicitudes que partiron da Universidad de A Coruña resultaron preseleccionadas. ¿Como avalía o resultado?
Estamos bastante por enriba, dentro do que son as tasas de éxito na convocatoria de axudas. Está bastante ben. Nótase que a xente cada vez afina máis nas convocatorias. É certo que estas non son as concesións definitivas senon unha preselección. Peroson case seguras, e é unha boa tanda da convocatoria Mineco.

“Hai que facer que empresas como Inditex se involucren en anclar o talento”

Te puede interesar