“Hai que captar máis turismo internacional co obxectivo de poñer A Coruña no mapa”

“Hai que captar máis turismo internacional co obxectivo de poñer A Coruña no mapa”
Lanzada Calatayud dirixirá a área de Turismo quintana

Lanzada Calatayud é a nova xerente de Turismo, un posto que levaba case un ano baleiro. Entre as súas principais ideas para a promoción da cidade están a internacionalización, a gastronomía e vender a cidade coma un destino de fin de semá.

Que obxectivos se marca?
Teño a curto, medio e longo prazo, aínda que están enlazados. A curto é sentarme coa xente do sector, co propio Consorcio e que me conten o que falta para chegar a un pacto consensuado que desembocará nun plan estratéxico para ver o tipo de turistas e de destino que queremos.

Cales serán os principais puntos a fomentar?
Coordinar todos os segmentos que abarca a cidade, que é moi potente en turismo cultural, todos coñecemos a rede de museos, fundacións e galerías, pero támen están os congresos, por exemplo. Unha das cousas fundamentais é a gastronomía. Como me dicía un amigo cociñeiro, A Coruña ferve, no sentido de que hai unha morea de iniciativas, de xente nova e ilusionada con formación e conciencia do territorio no que vive e que quere fomentar algo tan espectacular.

De que mañeira se pode potenciar a gastronomía?
Apoiando as asociacións e desenvolvendo iniciativas como o Festival do Bocata Gourmet, que tivo moito éxito, está a Asociación Coruña Cociña ou ter estado en Madrid Fusión como única cidade galega. Hai que traballar neste sentido e apoiar estas iniciativas para que se consoliden, non crear unha burbulla.

Continuará celebrándose o Fórum Gastronómico?
Estamos pola labor de apoialo porque é un escaparate moi importante. Non só no recinto feiral, senón utilizando os mercados e tódolos recursos da cidade. O recinto tes que telo, porque hai ponencias e “showcookings” para os que é axeitado, pero complementándoo coa cidade. Non debe ser solo para os visitantes, é un reclamo turístico, pero a primeira que ten que o ten que disfrutar é a poboación local.

Na súa presentación falou moito de promocionar a cidade a nivel internacional.
O turismo estranxeiro é moi interesante, sobre todo o urbano e “city break”, que vén a estancias cortas fóra da tempada alta. É turismo desestacionalizador cun perfil sociocultural alto, interesante para a cidade dende e a miña experiencia.

Será primordial a internacionalización no seu proxecto?
Definitivamente, hai que seguir traballando co turismo nacional que é o principal, pero hai que captar máis internacional co obxectivo de poñer A Coruña cada vez máis no mapa.
Para iso será importante que Alvedro medre.
Sería moi interesante para desenvolver o producto “city break” contar con algunha conexión internacional máis. É difícil porque non é a nosa competencia, pero intentaría acadar un destino en Centroeuropa, Alemaña ou Países Baixos.

Por que esta aposta polo produto “city break”?
A Coruña cumpre cos requisitos que demanda este turismo, tes moito que facer. Noutros lugares das un paseo e xa está, aquí podes facer de todo.

Que lle parece o turismo de cruceiros?
É interesante, o que hai que ver é o impacto económico na cidade. Hai que ter un produto diferenciado do que ofrece o cruceiro porque hai moita xente que non baixa do barco en ningún sitio.

E o de congresos?
Contamos con recursos e infraestructuras magníficas para celebrar congresos aquí. Unha vez que captas un congreso internacional, tes que ter unha oferta complementaria interestante como eventos culturais ou gastronómicos, o que fai o destino moito máis interesante.

En que mercados quere facerse visible A Coruña?
Vaise buscar un turista cun perfil sociocultural alto. Hai feiras nas que hai que estar, pero apostaría por presentacións directas. Co voo de Londres, poderíamos facer unha no mercado inglés e co proxecto Navega o Camiño ofrécense dous productos moi interesantes. Gustaríame tirar por aí un pouco a promoción da cidade. Sería interesante facer que os peregrinos continúen ata A Coruña, que temos a Torre de Hércules e poden saborear e desfrutar a cidade.

Dixo que unha das primeiras tarefas será falar co sector.
Aposto por chegar a un entendemento que non será fácil, pero temos que loitar pola idea de que unidos é máis rendible. Se vas a un evento da man de Palexco, Hospeco ou outros, vendes un destino máis potente.

Cal será o sinal de identidade para promocionar a cidade?
Un destino non son solo bens materiais, tamén é a xente do lugar. A xente de A Coruña ten fama de ser moi amable, polo que os coruñeses tamén poderán dicir algo á hora de deseñar o material turístico, pódese sacar un feedback moi importante.

“Hai que captar máis turismo internacional co obxectivo de poñer A Coruña no mapa”

Te puede interesar