“Facer cousas ao vivo e a posibilidade de xuntarmos está máis valorado ca nunca”

“Facer cousas ao vivo e a posibilidade de xuntarmos está máis valorado ca nunca”
28 MARZO 2008 PAGINA 14 / 24 marzo 2010 página 14 A CORUÑA.- EL TEATRO ROSALIA ACOGIO LA 12 EDICION DE LOS PREMIOS MARIA CASARES EN LA FOTO CANDIDO PAZO QUE RECIBIO EL PREMIO AL MEJOR GUION POR LA OBRA A PIRAGUA

“Contaremos batallas”. Cándido Pazó será un dos tres relatores que se sente hoxe arredor dunha lareira chamada teatro Rosalía ás oito e media do serán, que houbo que ampliar porque a cociña non daba máis de si para acoller a tanta xente.
Deste xeito, haberá un segundo asalto ás once da noite dun espectáculo “Contos na lareira”, que se estrea na cidade da man de Rababiero Promocións como unha especie de pote negro igual que o que penduraba dun gancho na lareira, no que entra a tradición oral, tradición que por outra parte non ten porque ser remota.
O dramaturgo conta que “todos temos memoria”, anécdotas que foron pasando dunha xeración a outra e que se recordan cada “x” tempo, en concreto, “cando a filla bota un mozo e o pai conta as historias outra vez porque hai un novo”. Hoxe todos serán novos. Para escoitar a Pazó, o primeiro en saír á pista, como introduce o falar nun ambiente cálido que recorda a aquelas noites de inverno no que a palabra chispeaba entre o fogo.
Unha vez se forme o clímax perfecto, subirá ao estrado Celso Sanmartín, “que ten máis claro ese mundo da tradición oral” para rematar a sesión con Carlos Blanco e un puñado de historias con sabor arousán que ocorrían nos 50 e 60, “lembranzas de anos pretéritos que non remotos”. Porque a tradición non ten porque ser a que se forma na noite dos tempos, o feito de vivir Eurovisión coma antes é parte da historia de cada un. Ben rebozada de ironía, a memoria persoal dos tres voltará á superficie para ser compartida. Nunha noite “necesaria” para o espectador porque “facer cousas ao vivo e xuntarmos nun espazo está máis valorado ca nunca”.
Dicía Pazó que niso da incomunicación hai moito tópico. Que, en realidade, hai máis comunicación ca nunca pero noutras direccións: “No campo antes todo o mundo tiña unha colleita da que falar”, algo que no presente ocorre noutro ámbito, o das redes sociais, que son válidas aínda que non sustitúen “ás cousas vivas”. Cándido falaba da importancia que para a xente ten oír historias marabillosas.
Proba disto foi que a cociña quedou pequena para a demanda dos coruñeses: “É que unha lareira estaba pensada para unha familia pero a familia toda da Coruña é de 200.000 parentes”. E procuraron ampliar a superficie. Para que ninguén se quedase sen os recordos de tres grandes que non necesitan ensaiar porque levan relatando anécdotas desde sempre. E iso nótase. n

“Facer cousas ao vivo e a posibilidade de xuntarmos está máis valorado ca nunca”

Te puede interesar