Dores Tembrás dirixirá un taller de poesía coa intención de convertelo en cita anual

Dores Tembrás dirixirá un taller de poesía coa intención de convertelo en cita anual
cesã¡reo sã¡nchez e dores tembrã¡s na librerã­a nova colã³n susy suã¡rez

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove un novo obradoiro de poesía “A escrita do poema: dende a reflexión ao sen alento”, no centro Ágora, que terá lugar os xoves de maio e xuño, e para o que xa non quedan prazas. A cita aparece no calendario coa vocación de instalarse durante todo o ano na cidade. Tratarase dun fervedoiro de creación no que se reunirán en oito sesións persoas que acaban de coller o lapis xunto a veteranos da escrita, dicía a profesora Dores Tembrás.
Ela escollerá textos de autores contemporáneos como Pilar Pallarés ou Xavier Seoane e doutros máis novos como Gonzalo Hermo ou Antía Otero como base dunha viaxe na que os alumnos se mergullarán no máis profundo da lírica.

Os alumnos partirán de textos de autores como Pilar Pallarés ou Antía Otero


Alí aprenderán cuestións da escrita como o silencio e a palabra, a emoción, a música, o ritmo e a rima. Aproveitando, dicía o presidente do colectivo Cesáreo Sánchez, que A Coruña é unha cidade literaria, o obxectivo pasa por darlle un carácter anual ao curso, do mesmo xeito que hai anos a asociación foi na procura de instaurar clubes de lectura que hoxe xa están consolidados.
Contaba Cesáreo Sánchez que neste caso a poesía será unha especie de porta de entrada pola que os participantes se enamorarán da linguaxe. Cantarán e serán capaces de desenvolver historias, pero no futuro non terán que seguir necesariamente no xénero: “É como a primeira pedra”. O feito de escoller o Ágora débese segundo o responsable á vida que se respira no centro, no que se está a facer un traballo moi importante. O escritor falaba da importancia de facer confluír iniciativas porque “todo suma e estamos no momento de sumar esforzos”.
A poeta Dores Tembrás destacaba pola súa parte o entusiasmo dos alumnos neste tipo de obradoiros que a AELG leva impartindo desde hai tres anos con distintos autores como Yolanda Castaño e Antía Otero.
E se en Lugo, existe unha escola de narradores orais, en Pontevedra o colectivo está a impartir un taller de literatura infantil e xuvenil. Nesa mesma intención de abrir camiños e ir construíndo segundo vaian nacendo as cousas.
A actividade, que arrincará este xoves, conta co patrocinio da Consellería de Cultura e a colaboración do Ágora. Desenvolverase até o 20 de xuño, nun horario de 20.00 a 22.00 horas

Está promovido
pola Asociación
de Escritores en
Lingua Galega


últimos días
Polisemias ofrece para maio tres novos cursos de novela negra, coaching e redes sociais. O primeiro deles será impartido por Xabier López, Premio da Crítica española pola súa novela negra “A vida que nos mata”. O experto dará as ferramentas básicas para adestrar aos alumnos nun xénero que non coñece a crise e que funciona como un perfecto calidoscopio das épocas e sociedades que retrata.
Pola súa parte, a especialista Ainhoa Mallo axudará a descubrir o mellor de cada un para levalo ao papel en “Manual de coaching para escritores” e Paco Gallego demostrará como facer un uso comercial e profesional de Facebook y Twitter, entre outras redes

Dores Tembrás dirixirá un taller de poesía coa intención de convertelo en cita anual

Te puede interesar