A compañía Voadora dálle forma a “Soño dunha noite de verán” como residente no Colón

A compañía Voadora dálle forma a “Soño dunha noite de verán” como residente no Colón
É a primeira vez que un ente privado colabora cunha pública como o Pazo da Cultura de Narón

“Soño dunha noite de verán” técese polas mañás. A compañía Voadora mata o silencio do Colón desde a semana pasada para crear a peza nuha residencia técnica artística de moito trasfego de actores, de xogos coa escenografía e música. A obra terá dous pais. O teatro da Coruña e o Pazo da Cultrua de Narón, sendo a primeira vez que entidade pública se dá a man con ente privado na provincia. Así, ao rematar a estancia na cidade, Voadora trasladarase a Ferrolterra para mastigar o título unha semana máis antes de escupilo en directo. A estrea será o 11 de febreiro no edifición naronés. A aposta do teatro polas residencias artísticas está agora á espera do que se decida nas vindeiras semanas.

reunións co concello
Fontes da Deputación, titular do Colón, sinalan que nos próximos días voltarán a reunirse co Concello para tratar de chegar a un acordo que lle dea aos de María Pita a responsabilidade de encher de contidos o teatro. Mentres, este tipo de axudas loxísticas están no aire aínda que a intención é continualas no tempo.
Artestudio ou Caramuxo, artistas como Enrique Peón ou Javier Martín formaron parte xa das residencias promovidas polo espazo coas que se busca fortalecer o tecido creativo e social e tender pontes entre os protagonistas do conto. Destexeito, o teatro pon a disposición dos residentes que participan neste proxecto toda a súa dimensión, non soamente espacial, senón tamén humana: equipos de técnicos, de salas, de comunicación e produción... Nesta ocasión estas conexións son maiores aínda, ao tratarse da primeira combinada con outra entidade.
A directora de Voadora, Marta Pazos, explicou onte na presentación a importancia da residencia “para nos como compañía é imprescindible que os teatro nos permitan habitalos, traballar dentro deles, porque iso supón para nos a posibilidade de desenrolar un proxecto dende o seu verme, paseniñamente, e na contorna que debe facerse. E, neste caso, contar con dous teatro “é todavía mellor”.
Pola súa banda Marián Ferreiro, concelleira de Cultura de Narón, lembrou os “fantásticos resultados” da colaboración conxunta. No acto estivo tamén presente Roberto Pascual, da MIT de Ribadavia, un dos patrocinadores de “Soño dunha noite de verán”, que destacou o carácter innovador de Voadora.

A compañía Voadora dálle forma a “Soño dunha noite de verán” como residente no Colón

Te puede interesar