Catro universitarias erguerán un “Monumento” audiovisual con patas

Catro universitarias erguerán un “Monumento” audiovisual con patas
Copia de El Ideal Gallego-2017-04-23-013-96550699

Non será un documental lineal porque no mundo no que estudaron Comunicación Audiovisual xa non hai cabida para pezas de corrido. Todo mírase polo tempo que ocupa e o seu alegato a prol da humanidade que vive á beira do mar e dos ríos enténdese en pequenas entrevistas, frases e conclusións breves e concisas. 
As alumnas  Inés Pérez, Laura Pico, Luciana Pulido e Iria Santos sellarán o grao con este proxecto que titularán “Monumento”, onde analizarán o que teñen ao lado, na ría de Ferrol, que comezou a degradarse segundo deixaron de xogar na area e a contaminación que toca Vigo e Santiago de Compostela. A Ferrolterra débenlle un documental, sobre todo, á xente que traballa no anonimato para que non se deteriore máis. Laura Pico comenta que as catro teñen en común que son de Ferrolterra e desa comarca, sairá a mariscadora Pili Mirás a contar a película que completará un activista na defenda do río Sar, un político ou un biólogo. O que teñen pensado rematar en xullo comporase de todas as pezas dun quebracabezas definido como “webdoc interactivo”: “A partir dos diferentes entrevistados, vas chegando á información secundaria, a citas e documentos”. 
Laura afirma que querían traballar coas persoas de problemáticas das que non falan os medios de comunicación, do que non se lle dá importancia. A xente do mar e do río son, en realidade, o monumento. Elas entrevistarán aos escollidos no mesmo lugar de traballo ou onde naceron, apegados á biografía. 

Festivais
A peza humana que tratarán de pasear por distintos festivais e proxectar nas localidades que peiterarán coa cámara pulula xa polas redes sociais en www.instagram.com/monumento_webdoc/ e en https://www.facebook.com/Monumentowebdoc/. 
A estudante explica que están improvisando moito porque igual chegan cunha idea e o protagonista conta outra máis interesante e “Monumento” é precisamente iso. Darlle voz a outra forma de pensar que non sae nos telexornais: “Desde o punto de vista de que non se fai nada. A xente do común si que o intenta solucionar, pero non chega”. De como evoluciona a poboación ao descoido paulatino o que se someteu o medio ambiente, as rapazas falarán do que están facendo desde os consistorios por frear a polución. 
Serán fragmentos de vídeos moi curtos, de trece ou quince minutos “e todo o contido adicional non sobrepasará o minuto”. Nese tempo concentrarán frases, opinións reducidas dos veciños que se adican a coidar a paisaxe que os rodea: “Falamos con distintas organizacións sen ánimo de lucro, colectivos veciñais que protestan e mariscadores que limpan porque as autoridades non o fan”. De todo iso, as catro erguerán un “Monumento” con brazos e pernas. l

Catro universitarias erguerán un “Monumento” audiovisual con patas

Te puede interesar