“O cárcere non cae pero é delirante que cada minuto se incremente o custe”

“O cárcere non cae pero é delirante que cada minuto se incremente o custe”
el ideal gallego-2019-11-22-013-8f9e700c

Toca soprar as velas por un ano máis, aínda que de momento non hai nada que celebrar. Proxecto Cárcere acaba de cumprir nove anos de vida sen ver todavía avances no futuro da antiga institución penitenciaria. “Xa estamos un pouco fartas todas as persoas do colectivo non por nós, iso queremos deixalo moi claro é pola vergoña da cidade. Igual é moi difícil de entender pero e que somos unha serie de cidadáns que nos da vergoña que haxa un sitio que podía estar ocupado e resulta que é todo o contrario”, destacan desde a organización.

Despois dos últimos acontecementos relacionados co proxecto e cos temas xudiciais, a entidade quere pasar páxina e continúa a traballar por conseguir revitalizar ese espazo. “Hai unha xente moi comprometida durante moito tempo. Ata que foi o delirio da prevaricación e toda esta porquería éramos un colectivo respetadísimo por constantes e por resilientes. Tivemos aí unha etapa un pouco frouxa, lóxicamente, por todo o que nos veu enriba e por botarnos fóra porque iso foi moi traumático pero agora vemos que pode haber posibilidades”, destacan, en alusión a todos os que acudiron o pasado mércores ao acto celebrado no pórtico da cárcere para festexar o aniversario. Nel contaron con representantes do colectivo de arquitectos Érguete e coa música de Son d’aquí.

Sen seguridade

Unha das novidades con respecto ao edificio de Monte Alto é referido á súa seguridade, xa que desde Proxecto Cárcere indican que o pasado mes de outubro foi o último no que estivo o garda.

A este respecto, o colectivo lamenta a falta de información por parte de Concello sobre as intencións que ten coa infraestrutura, xa que desde a reunión mantida en xullo co concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, non volveron ter noticias.

“Non cremos que haxa ninguén que saiba explicar realmente por que non se ataca dunha vez un lugar, feo ou bonito, niso xa non entramos, pero que está frente a Torre, ateigado de turistas e que da vergoña ver. Realmente é un lugar que debe estar maldito”, destacan desde o colectivo, ao mesmo tempo que reiteran que “a estrutura non cae, non está en ruinas, ten muros de 60 centímetros de espesor de pedra... O cárcere non cae pero cada minuto increméntase o custe e iso é o que nos parece delirante, a soberbia das institucións”, aseguran.

Con todo, o colectivo seguirá traballando e reivindicando que se faga un mantemento mínimo por parte das institucións para poder dotar de vida un espacio que leva anos abandoado.

“O cárcere non cae pero é delirante que cada minuto se incremente o custe”

Te puede interesar