Un campo de refuxiados sirio e todos á vez

Un campo de refuxiados sirio e todos á vez
Copia de El Ideal Gallego-2017-03-07-037-a4b18eab

Representarán un campo de refuxiados sirio, pero “podería ser calquer outro”. Lino Braxe fai poesía co de acolá que hoxe ás 21.00 horas estará máis aquí no Fórum. “Manar”, de Teatro Proscrito, naceu da necesidade de falar dun conflito sobre o que o mundo occidental pasa de puntillas. Pon a bailar oriental a Sabela Hermida, a protagonista, e coloca ao lado aos músicos Hames Bitar co laúde e Luis Taberna na percusión para construír un corpus que atende aos versos, ao teatro e é tamén danza e melodía en directo. Arte que sae das mans do director que non só rima. Tamén pon decorado á historia que é curta, pero intensa. 
Hermida conta moito en pouco tempo. Saca a pasear moitas cousas, di Lino, “lembranzas, fala dese campo de refuxiados e a casa que tivo e agora non ten, do seu pai, e como aprendeu o Corán na madrasa, dos seus ex alumnos...” coa coincidencia de que Bitar é sirio. A produción corre a conta dunha xordana como Ana Abarquero que tamén será a voz que leve á butaca polo árabe en árabe, mentres que Manuela Varela o fará en galego e aínda que a peza xa ten dous anos, estrearase esta noite na Coruña. Conta Laxe que a obra componse de moitos brazos colaboradores e que visualmente, con seis escenas diferenciadas, “Manar” funciona porque se proxectan acrílicos “que van axudar a arroupar ese mundo árabe”, descoñecido, e isto permite a Sabela ser libre. 
Ao mesmo tempo, pasan cousas. Non deixan de suceder porque o material escénico é enorme e complétase con atrezo e vestiario importado de Xordania. Por último, David Deloaisa encárgase da escenografía e a iluminación. Sabela afirma que a obra “é un regalo porque é un texto do gran Braxe. Creo na conxunción das artes e nas pezas de creación propia”. Para iso, Lino inspírase nunha muller africana da que “Manar” ten trazos, xunto aos da súa nai e avoa. 
Confesa que cando escribe, pensa na escena e non nun libro e vai modificando co único obxectivo de que os intérpretes voen sobre o estrado. Acepta suxerencias como as de Sabela e arremete contra a ignorancia para facer ver a realidade dunha cultura na que medra o ateísmo, “que serve como refuxio para pensamentos femininos”. O dramaturgo non deixa de escribir, case sempre para mulleres: “Con elas sempre me entendín ben”. n

Un campo de refuxiados sirio e todos á vez

Te puede interesar