Búscanse cinco persoas sen experiencia para a longametraxe “Soños arraianos”

El Ideal Gallego-2011-07-27-017-6741814c m.g.m. > a coruña
  A produtora Corazón Negro en colaboración con Danthea Teatro andan na búsqueda de dúas mulleres de 50 a 65 e tres homes de 55, 60 e 65 anos para protagonizar unha historia de amores contrariados. O seu novo proxecto cinematográfico “Soños arraianos” filmarase no mes de agosto en diversos lugares de Galicia e Portugal. Neste aspecto, non é necesario que os candidatos teñan experiencia: “Concretamente, non profesionais”, precisan.
Eles darán vida aos personaxes desta outra parte da raia, dos que pacen en Galicia. En todo caso, os aspirantes non deben ter biografía actoral coñecida, popularidade, nin moito menos unha proxección mediática. Se ben os responsables someteron onte a un primeiro cásting a todos aqueles coruñeses que se achegaron á sede de Danthea Teatro, na rúa da Agra do Orzán, número 3, o equipo seguirá facendo probas mañá nunha convocatoria, que se desenvolverá de dez a dúas do mediodía.
Esta particularidade de mesturar actores profesiones con intérpretes principiantes é algo que xa se leva feito en múltiples ocasións ao longo da historia do cine, e nalgunhas langometraxes, con notable éxito. Segundo o director do proxecto, Santiago Viña, “ben utilizada, a interacción de intérpretes profesionais con non actores adoita producir excelentes resultados”.

Argumento > A longametraxe “Soños arraianos” contará a historia de María Catarina, unha dama portuguesa que espera desde hai anos para cumprir coa última vontade do seu irmán, Agostinho, que morreu na guerra colonial de Angola, e Cuca, unha galega destinataria do amor dese soldado, ao que nunca correspondeu. Esta última recibirá parte da súa herdanza pero a rexeita.
O seu produtor, Miguel Costelo, ten realizado outros proxectos en calidade de guionista e director como “O pai de Migueliño”, seleccionada en festivais españois e estranxeiros, e a máis recente titulada “O desexo”, con premios en varios certames. No mes de agosto arrincará este novo proxecto entre Portugal e Galicia.

Búscanse cinco persoas sen experiencia para a longametraxe “Soños arraianos”

Te puede interesar