miércoles 23/9/20

Bandia Ribeira gaña o duodécimo premio Luís Ksado de creación fotográfica da Deputación

A fotógrafa Bandia Ribeira (As Pontes, 1979) resultou ser a gañadora do duodécimo Premio de Creación Fotográfica Luís Casado, da Deputación da Coruña, coa serie titulada “O voo do ‘midgie’”. A súa obra impúxose sobre as 109 que se presentaron a esta nova edición do premio Luís Ksado, convocado pola Deputación da Coruña e comisariado polo fotógrafo Xurxo Lobato. 
 

Parte do xurado que dictaminou o fallo do premio
Parte do xurado que dictaminou o fallo do premio

A fotógrafa Bandia Ribeira (As Pontes, 1979) resultou ser a gañadora do duodécimo Premio de Creación Fotográfica Luís Casado, da Deputación da Coruña, coa serie titulada “O voo do ‘midgie’”. A súa obra impúxose sobre as 109 que se presentaron a esta nova edición do premio Luís Ksado, convocado pola Deputación da Coruña e comisariado polo fotógrafo Xurxo Lobato. 
Segundo os expertos, a proposta da coruñesa trata un tema de actualidade, “utilizando unha linguaxe contemporánea”. O xurado sinala que o fai con lírica e sensibilidade, un estilo que califican de “horizontal e empático” e que “presenta un concepto novo da familia e revisa o concepto de proscripción e marxinalidade”. Os especialistas destacan o seu verismo fotográfico. Bandia “fala” nun idioma críble, en palabras dunha comisión que define o resultado como un  “soño dramático”. 
A autora foxe de premisas reparadoras e sanitarias. Leva ao curioso da súa man a un umbral de periferia social en permanente revisión para dicirlle “somos nós”, explica o fallo. E por estas razóns, a fotógrafa convence a miradas entre as que se atopa, ademais da de Lobato, as de Ricky Davila e Pierre Bonnord, que aproveitaron a súa participación no certame para impartir obradoiros. 
Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Compostela e pola Karlova Univerzita de Praga, Bandia Ribeira cursou o postgrado de Fotoperiodismo na Universitat Autónoma de Barcelona e o grado de Fotografía Documental na University of South Wales de Newport. 
Na súa experiencia profesional, Bandia Ribeira traballou como fotoxornalista en “El Progreso”, colaborou coa Fundació per la Innovació i la Acció Social e foi asistente de fotografía da Agencia Lusa en Viseu. A súa obra foi exposta en Gales, Rumanía, Alemania ou Portugal. 
O Ksado súmase a outros premios recibidos por Bandia Ribeira como a mención de honra de Foto Visura Spotlight grant ou o Premio Ciutat de Barcelona. O xurado completouse coa fotógrafa Ana Lage, profesora na Universidade Autónoma de Barcelona; e a profesora da Escola de Belas Artes de Porto e comisaria artística, Àngela Ferreira. O deputado Xosé Regueira actuou como presidente, sen voto. 
Quedaron finalistas Juan Ramón Robles González (Madrid) con “Vida e morte na Franxa de Gaza”; Francisco Xabier Fernández Comesaña (Vigo) con “Aloitadores de Sabucedo”; A. Benítez Barrios (Los Barrios, Cádiz) con “Fading Japan”, Noela Roibás Rodríguez (Pontevedra) con “Irmán” e Ana Belén Rello Férnández (Santiago de Compostela) con “Quidam”. 
Dentro do programa de actividades, mañá terá lugar na sede da Deputación a homenaxe ao fotógrafo histórico, condición na que xa foron recoñecidos Manuel Ferrol, Ramón Caamaño, Virxílio Viéitez, Alberto Martí, Manuel López, Tino Quián ou Manuel Blanco, entre outros.

Comentarios