“Axudamos a case 30 persoas da Universidad con discapacidade”

“Axudamos a case 30 persoas da Universidad con discapacidade”

Sonia Seijas é a responsable da Unidad de Atención a la Diversidad, unha oficina da Universidad de A Coruña adicada a axudar aos alumnos e docentes con algún tipo de discapacidade no desenrolo da súa actividade académica e a sensibilizar á comunidade educativa sobre a diversidade funcional. Os membros da comunidade docente que desexen pedir apoio dalgún tipo poden informarse nas oficinas do edificio Xoana Capdevielle, no campus de Elviña, ou no número da Universidad, 981 167 000, marcando a extensión 5622.

Canto tempo leva en funcionamiento a Unidad?
Empezou a tomar forma polo ano 2004. Era máis sinxela e non dispuña da infraestructura que hai agora. Foi unha iniciativa do que era director do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (Cufie), Juan José Bueno. Eu levo traballando na Unidad uns cinco anos.

Como foron evolucionando as competencias do servizo?
Ao principio, a Unidad recollía información das persoas con discapacidade que se matriculaban, e axudábase naqueles casos que precisaban unha especial atención. Por exemplo, persoas con movilidade reducida, persoas cegas, ou que se comunicaban en lingua de signos. Pero daquelas a Unidad non tiña un protocolo tan firme como o que desenrolou nestes últimos anos. Co tempo pasamos a ter un número maior de alumnos con necesidades específicas, e tivemos que xerar un protocolo.

A cantas persoas están atendendo actualmente?
Depende do ano. Hai tres ou catro anos estabamos atendendo a unhas quince persoas de xeito directo, e este ano temos preto de trinta. É dicir, case duplicamos a atención directa que ofrecemos. Hai que ter en conta que o número de xente á que atendemos non é igual á cantidade de xente que se matricula e que ten discapacidade. Moitos piden a exención de taxas por discapacidade pero non precisan de ningún tipo de apoio da Universidad.

Cales son os principais servizos que prestan?
O transporte adaptado está pagado pola Universidad. O servicio de transporte urbano na Coruña non está adaptado ao cen por cen. A flota está bastante ben, pero o problema son as subidas e baixadas aos buses. E ao propio campus aínda lle queda bastante para ser completamente accesible (ri). Tamén nos adicamos á asistencia persoal. Hai estudantes que precisan que haxa unha persoa con eles, por exemplo porque non poden tomar apuntes por eles mesmos. Hai múltiples situacións. Nestes casos, dispoñemos un asistente persoal para esas persoas. Por exemplo, nalgúns casos puxemos intérpretes de lingua de signos para que acompañaran a un  alumno que se comunicase deste xeito durante as horas lectivas.

Hai habitacións adaptadas para estudantes con algún tipo de discapacidade?
A Universidade non ten unha residencia propia onde poidan aloxarse persoas que teñen dificultades para moverse, pero si que ten un convenio con Rialta, e nesa residencia ten cinco habitacións adaptadas. Hai estudantes  de fóra que se aloxan aí, incluso un Erasmus italiano que se desprazaba en cadeira de rodas. Son habitacións moi amplas, teñen un baño fácilmente adaptable... Estes que citei son os servicios principais que ofrecemos.

Tamén facilitan algúns tipos de dispositivo electrónico.
Ao final de ano, se queda algo de presuposto, invertímolo sempre en dispositivos de software adaptado. Todos os anos mercamos a licencia dun programa que pasa texto a voz. Está concebido para dar resposta aos estudantes con dislexia, pero nós empregámolo tamén para estudantes cegos ou con mobilidade reducida, que prefiren estudar con grabacións. Tamén compramos un aparello para anclar as cadeiras de rodas e axudar a salvar escalóns, netbooks para os asistentes, gravadoras... A fundación Universia deixanos productos adaptados para os nosos estudantes, en virtude dun convenio.

Que actividades formativas organiza a Unidad?
Practicamente todos os anos facemos unhas xornadas de sensibliización, e, de cando en cando, de formación en relación ás necesidades que se presenten. Por exemplo, hai dous anos matriculouse un estudante que se comunicaba mediante lingua de signos, e nós ofertamos un curso de lingua de signos aberto aos profesores e compañeiros seus que quixeran facelo, para que tiveran unhas nocións básicas. Os cursos son un pouco tamén para sensibilizar sobre esta cuestión. Moitas veces o tema da diversidade é algo moi lonxano ata que non o ves diante.

“Axudamos a case 30 persoas da Universidad con discapacidade”

Te puede interesar