Alonso Montero aspira a presidir a RAG polo consenso ao deixar dúas vacantes

Alonso Montero aspira a presidir a RAG polo consenso ao deixar dúas vacantes
o catedrã¡tico esperaba que se producira un encontro previo para liberar as tensiã³ns do ãºltimo pleno quintana

O académico Xesús Alonso Montero facía onte pública a súa candidatura á presidencia da Real Academia Galega despois de oito días no que dixo ter máis notoriedade que nos restantes 84 anos de vida e nun proceso de transición que rematará a semana que vén, segundo o aspirante.

O catedrático de Lingua e Literatura convértese na segunda alternativa a ocupar un posto que deixaba Méndez Ferrín hai unhas semanas alegando o acoso recibido por unha parte da institución. É máis, o cargo de presidente é o único non negociable dunha lista que conta con dúas vacantes que poderían ser cubertas polos membros do equipo liderado polo até de agora tesoureiro Manuel González, con quen asegurou mantiña unha amizade de anos.

Asegura, porén, que o cargo de presidente non é negociable

A proposta arroupada por Margarita Ledo, Enrique Monteagudo, Xésus Ruibal, Rosario Álvarez, Francisco Díaz e Andrés Torres completaríase a través dun consenso “non perfecto pero si moi útil” despois de non materializarse un encontro que, segundo Alonso Montero, serviría para liberarse das tensións propias que xorden dunha renuncia como a do anterior responsable. O ensaísta dicía que xa que non se fixo unha candidatura de consenso “non pola nosa culpa”, os dous postos baleiros van na procura do entendemento para seren entre todos “unha soa voz”. Alonso Montero lembraba que tras o pleno no que “todos lle pedimos a Ferrín que non dimitira”, os académicos máis activos deberían terse reunido para asumir o relevo facendo fronte ás dificultades inherentes á decisión tomada polo escritor de marchar da rúa de Tabernas. O catedrático explicaba que en poucos días apareceu a proposta de Manuel González e foron os que onte o acompañaban e outros máis os que lle pediron a Alonso Montero que se presentara.

Neste punto, o catedrático afirmaba que se hoxe encabeza unha segunda lista é polo ben público e non pola satisfacción privada nun momento no que existe un “ruxe-ruxe” que sitúa á academia fusionada con outras institucións.

Neste aspecto, o aspirante sinalaba que a entidade ten unha independencia cultural que fai imposible a súa absorción e que ten que ver con funcións sobre as que a RAG ten toda a responsabilidade como son a codificación do idioma e a definición da semántica das palabras: “O Consello da Cultura Galega e as facultades de Filoloxía non teñen facultade legal para estas cuestións”, sinalaba. Agora si, Alonso Montero aclarou que isto non significa que a academia que está a piques de cumprir 110 anos e os distintos corpos que traballan no campo da lingua se coordinen e que “esa coordinación sexa máis ampla a eficaz.

Alonso Montero aspira a presidir a RAG polo consenso ao deixar dúas vacantes

Te puede interesar