A viúva do intelectual Arjona dóalle á RAG a súa biblioteca de volumes exclusivos

A viúva do intelectual Arjona dóalle á RAG a súa biblioteca de volumes exclusivos
natalia gã³mez, xosã© luã­s mã©ndez ferrã­n e xosã© luã­s axeitos materializaban onte a doazã³n na rag quintana

Dicía a viúva de Xosé Antón Arjona que o primeiro que fixo cando o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, acordou levar a biblioteca do seu marido á rúa Tabernas foi darlle unha aperta. Natalia Gómez levaba tempo preocupada polo destino dun fondo valiosísimo que Arjona foi xuntando en vida e no que “se esforzó mucho”. Non quería que se desperdiciara e por iso cando o camión se levou as 60 caixas de volumes e documentos da súa casa de Vigo, a muller quedou por fin tranquila. E segura de que na Real Academia Galega estarían a salvo os que falan de exclusividade e nunca viron a luz.

Ferrín explicaba onte que na doazón atópanse as obras completas de Karl Marx y Friedrich Engels, nunha edición crítica de Berlín, máis as de Lenin en ruso xunto a numerosos artigos de ensaio que o lingüista escribiu. Anotacións inéditas que darán boa conta do que pensou desde Madrid Xosé Antón Arjona. Cando protagonizou a primeira tentativa de crear a UPG en 1963 xunto co seu colega Reimundo Patiño e do plan definitivo que levou ao nacemento do partido.

O responsable da Real Academia Galega falaba onte dun home moi formado que se rebozou de coñecementos en Londres e París: “Un lingüista vocacional, a persoa que coñezín que máis idiomas podía falar e escribir”. Un políglota consumado que foi quen de confluír o pensamento marxista e o patriotismo galego. Ademais de político, etnógrafo e sociólogo, Arjona foi para Ferrín un home de silencios que lle deu acubillo a libros en francés, inglés e alemán relacionados con distintas materias como a política, a xeografía e a historia, ademais de publicacións en ruso. O que fará engordar moitos kilos á sede da entidade terá que ver cunha biblioteca xeneralista na que se inclúen importantes títulos da literatura galega e que poderán consultarse in situ no edificio da Cidade Vella.

Comentaba Natalia que a súa preocupación se centraba principalmente na busca dun lugar onde os fondos se aproveitasen porque “significan muchas horas de satisfacción y gran parte de su vida”.

Neste aspecto, a viúva dáballe á RAG as grazas de facerse cargo do legado dun nacionalista que nunca perdeu as raíces galegas e que entrou nun círculo de amigos coruñeses dos que se leva falado ben pouco, sinalaba Ferrín, onde estaban Reimundo Patiño, Xoan Casal e José Luis Aranguren, “unha persoa fundamental para que Barcelona non caese nas mans franquistas” e que fusilaron na guerra. Contaba o presidente que o mesmo Arjona e a súa muller foron tamén perseguidos até o punto de que a que se emocionaba onte ao lembrar ao seu marido foi presa e acusada de asociación ilícita.

A viúva do intelectual Arjona dóalle á RAG a súa biblioteca de volumes exclusivos

Te puede interesar