A literatura galega chega por primeira vez á Reunión de Escritores de Lahdi

A literatura galega chega por primeira vez á Reunión de Escritores de Lahdi
yolanda castaño participa en mesas redondas, lecturas e debates

A literatura galega viaxaba a pasada fin de semana a Finlandia, en concreto, á localidade de Lahti para ser escoitada polos máis de 55 creadores participantes na Reunión Internacional de Escritores, que se vén celebrando desde hai medio século. A poeta Yolanda Castaño foi a encargada de transportala a través da súa voz e de interpretar versos en galego xunto a creadores de ata 25 países diferentes.
Autores como Gunter Grass, Salman Rushdie, Vargas Llosa, Susan Sontag ou Margaret Atwood teñen pasado polas 26 edicións deste encontro bianual de sona mundial que por fin engadiu a lingua do país ao abano de idiomas en textos que Castaño leu en alto e que foron traducidos ao finés. Ela protagonizou así unha lectura pública que tivo lugar o sábado na céntrica sede do xornal do país, o Helsingin Somatolo, en fronte dun nutrido grupo de persoas e voltaba onte a recitar na velada poética internacional.
Neste último evento, ela presentaba o acto xunto ao escritor e xornalista finés Antti Leikas no Sibelius Hall, un dos centros mellor considerados no norte de Europa. A actividade trasladábase a súa sede principal en Lahdi para seguir levando a literatura en mesas redondas, postas en comúns e debates celebrados ao aire libre onde escritores internacionais e locais falan, escoitan e entran en contacto. Nun contorno natural como o de Messila, que está á dez kilómetros de Lahdi. E en sesións que se extenden ata as brancas noites dun sol nórdico que nunca se acaba de poñer, tal e como relataba Yolanda Castaño desde Finlandia.
En total, máis de mil novelistas, poetas e outros expertos na crítica e na investigación literaria participaron nunha reunión organizada pola Sociedade Eino Leino, a Universidade Paijat-Hame e o Concello de Lahdi.

A literatura galega chega por primeira vez á Reunión de Escritores de Lahdi

Te puede interesar