A canteira de actores toma o relevo

El Ideal Gallego-009

 cine “vilamor”

Nun punto da comarca fonsagradina, un conxunto de persoas asentábase ao finais dos setenta nun encoro. Tiñan unha filosofía de vida na que a propiedade privada non entraba na cabeza e na que imperaba o amor libre. O director de “Pradolongo”, Ignacio Vilar, conta en “Vilamor” unha historia real protagonizada por sete parellas de actores novos.

Reportaxe de marta garcía márquez

Ao mesmo tempo que a nave Enterprise cheiraba o espazo por vez primeira e as nais arxentinas collían sitio nunha praza que estaba igual de estupefacta ante semellante traxedia, unha comuna hippy causaba un grande trastorno na comarca de A Fonsagrada, que estaba entumezida tras corenta anos de fría ditadura e non entendía o xeito que tiña este grupo de liberais de comprender a vida. Ignacio Vilar pensou neles cando vía na televisión que cada vez eran máis as formiguiñas que se sublevaban en Oriente Medio e en Sol por un mundo máis xusto e, sobre todo, máis natural, un atributo que a raza humana deixou polo camiño para facer uso de máscaras e fantoches. Nese momento en que o planeta berraba aquí e acolá por un sistema que varrera o anterior, construído a golpe de hipocresías e créditos bancarios, o director de cine colleu o coche para ver o escenario da súa seguinte longametraxe “Vilamor”, que foi rodada en galego.
Alí entre os carballos, unha comunidade foi inmune durante un tempo a todo iso que chaman modernidade e que fai tanto mal á xente. Nese mesmo intre sentiu a necesidade de contar a súa historia porque pensou que xusto agora que se están a repensar as cousas, eles, os hippies voltarían á aldea de forma ficticia para reforzar a mensaxe.
O novo proxecto de Vilar supón a posta en escena de sete parellas do país, moitos deles saídos da escola coruñesa Casahamlet, un auténtico viveiro de talentos, cun Manuel Lourenzo incluído tamén entre o reparto. O veterano, que interpreta o papel dun cura represor, destaca a visión melancólica do filme: “O guión parece unha novela, poética e humana”, ademais de contar cunha testemuña excepcional como a paisaxe, que fará que o espectador se introduza nun encoro fonsagradino de difícil acceso e vaia ata Negueira de Muñiz, onde se asentou a comuna, para atravesar sen moverse da butaca Os Ancares, tanto pola parte galega como pola leonesa e a asturiana.
O guión de “Vilamor” está inspirado nun conxunto de persoas preparadas politicamente e con carreiras, que tiñan unha filosofía completamente distinta, na que a propiedade privada carecía de sentido e imperaba o amor libre.
Moitos deses individuos aínda seguen vivindo alí e contribuíron a facela máis real. Conta Lourenzo que ponderou un moi bo ambiente entre o equipo e os supervivintes dun sistema que non tragan e que agora son profesores universitarios e catedráticos. O pai de “Pradolongo”, que presentaba a película o venres en Culturgal, asegura que “Vilamor” é mais ben un canto coral a cargo de intérpretes coma Sheyla Fariña, Rubén Prieto, Paulo Serantes, Luis Iglesia, Belén Constenla e Mela Casal, entre outros. O director quixo tamén contaxiarse daquela atmósfera e despois de cada toma, ao final, do día, reunía a todos nunha habitación de hotel. A intercambiar opinións nunha época en que moitos se deron conta que pensaban exactamente igual. Tras aquel 15 de maio...

A canteira de actores toma o relevo

Te puede interesar