A Barrié e a RAG coeditan textos inéditos e manuscritos do poeta Manuel Antonio

A Barrié e a RAG coeditan textos inéditos e manuscritos do poeta Manuel Antonio
josé maría arias e xosé luís ferrín asinaban onte o convenio para iniciar proxectos conxuntos aitana vidal

  Desde que Xosé Luís Axeitos se atopou cos manuscritos que ten a Fundación Barrié de Manuel Antonio, ficou insomne durante unha semana. A súa vida cobrou sentido, di, e aínda é hoxe o día que segue emocionado e contempla o resultado de poñer todos os papeis en orde coma se, en realidade, o libro que hoxe sae á rúa fora un fillo seu con tapas.

O secretario da Real Academia Galega encargouse de aliñar o legado do poeta que ten a institución doado por García-Sabell para publicar conxuntamente “Prosa”, coa obra completa do rianxeiro. O volume é o primeiro da colección “Clásicos da Academia”, onde os dous entes colaborarán por dar a coñecer escritos sobre as que a sociedade non ten consciencia ou que simplemente teñen importancia dabondo, segundo explicaba o presidente da Fundación Barrié, José María Arias.

Os seguintes abordarán a poesía de Manuel Antonio, a súa correspondencia, biografía e documentación para recuar no tempo e recoller os romances galegos en base a xente coma Saiz Armesto e Manuel Murguía, atendendo ao que garda a Barrié sobre este último, máis o que teñen desta época no Museo de Pontevedra. Da primeira entrega, Axeitos destacaba o seu prezo módico, que toca a 0,058 céntimos a folla, e o feito de transmitir a postura do poeta na vida. Sempre no límite. Tanto na creación como na política, algo que segundo o experto, viña do seu afán de conquista.

Dalgunha forma, eles arrouparon os textos con manuscritos orixinais e notas a pé de páxina para cocinar todo este pote ao público para que deguste desa conquista e descubra aspectos ata agora descoñecidos ou so intuídos da súa traxectoria. Que tamén terá espazo en internet co propósito de levar a escrita de Manuel Antonio á comunidade educativa a través do programa “EducaBarrié”.

 Acordo > Ademais no acto de presentación da publicación, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e José María Arias asinaban un convenio de colaboración coa que desenvolver proxectos comúns no eido da lexicografía.

Para iso, as dúas entidades traballarán xuntas na adaptación da base de datos da academia aos dispositivos móbiles e plataformas sociais, así como a softwares, hardwares e imprentas coa finalidade de axilizar o proceso de búsqueda de termos a unha sociedade cada vez máis esixente en termos de rapidez de resposta.

A idea é crear a partir deste punto un “Portal das Palabras” para que os cativos xoguen coa riqueza léxica do idioma dun xeito distinto a como traballan na escola. Xuntando o sistema clásico de ensinanza co lúdico. Segundo o director xeral da Fundación, Javier López, esta renovación pretenden presentala este ano coa axuda de especialistas.

Ferrín agradecía a cooperación da Barrié e falaba dun espazo común no que os dous realizarán “unha boa colleita”. O presidente da RAG lembraba o labor desenvolto en silencio pola Barrié centrado na atención a estudantes, presos e persoas necesitadas para recalcar a necesidade da Real Academia de recibir apoios porque “carecemos dunha asociación de amigos e as subvencións son reducidas e nunca nos dan chegado”.

Dicía o poeta que as ambicións da súa entidade sempre son máximas: “Queremos traballar en todo o léxico e en toda a lingua” e por iso, a súa intención é “ter capacidade de convocar colaboracións externas para colocar o galego e perpetuar un constante traballo de investigación da nosa lingua e historia”.

 

A Barrié e a RAG coeditan textos inéditos e manuscritos do poeta Manuel Antonio

Te puede interesar