“Poetas di(n)versos” unirá a lírica con outras disciplinas

O ciclo “Poetas di(n)versos” achegará no vindeiro trimestre o xénero da poesía a outras disciplinas como a música, a performance ou incluso a danza. Deste xeito, Branca Novoneyra fará bailar aos versos o 3 de xuño acompañada do brasileiro Márcio André, que introducirá a performance nun escenario lírico instalado no centro Ágora que lle dará a benvida o próximo luns a Manuel Forcadela e ao xenovés Claudio Pozzani.

O italiano poñerá a música enriba da mesa xunto á poesía e os dous confirmarán a condición de investigadores nun xénero que terá tamén acubillo na cidade o 6 de maio con Olaia Cociña e o macedonio Nikola Madzirov, que segundo a coordinadora Yolanda Castaño, dará moito que falar nos próximos anos: “Son voces tocadas pola sutileza e a transpariencia”. No caso de Nikola, a cita será unha oportunidade para coñecer a súa primeira obra traducida ao castelán “Lo que dijimos nos persigue”.

Por outra parte, os tres meses seguintes serán unha homenaje ás librarías de barrio, “templos da lectura a pé de rúa”, que distribuirán os libros dos autores convidados a encher de lírica o apartado. Neste aspecto, Yolanda Castaño destacaba que o ciclo conta xa cun público nutrido e consolidado. Disposto a coñecer de primeira man as máis diversas maneiras de entender a poesía. Nesa conxunción de valores locais e estranxeiros centrada na calidade: “Un luxo para A Coruña e Galicia”, dicía Castaño.

“Poetas di(n)versos” unirá a lírica con outras disciplinas

Te puede interesar