“Non me vexo de alcalde; non sei nin se volverei a ser candidato por Esquerda Unida”

“Non me vexo de alcalde; non sei nin se volverei a ser candidato por Esquerda Unida”
O portavoz municipal de Esquerda Unida, diante do palacio municipal de María Pita quintana

As eleccións autonómicas do pasado 21 do outubro deixaron un dato curioso: se os resultados se extrapolasen ao eido do local, César Santiso asumiría os mandos da Alcaldía, con Esquerda Unida coaligada con Anova, como segunda forza da cidade.

Despois do éxito da coalición de EU co partido de Beiras nas autonómicas, vese alcalde?

Non me vexo alcalde, nin tan sequera me plantexo esa situación. Primeiro porque non sei se serei o próximo candidato de Esquerda Unida-Os Verdes. Na nosa organización todo faise con radicalidade democrática, e será unha asamblea quen elixa. Non cabe dúbida que EU vai ter unha capacidade enorme sobre as decisión da gobernanza da Coruña. E iso vai ser moi importante para darlle un relanzamento a cidade. Estamos crecendo exponencialmente en cada elección, co cal cremos que si teremos moito que decir.

ao mellor sobran políticos e faltan estadistas


o goberno local está a facer inxenería contable para presentar uns orzamentos pomposos á cidadanía para 2013

Felicitárono os grupos da corporación?

Si, os tres grupos felicitáronnos polos resultados. É un feito histórico, eu non lebro na historia democrática unha forza que, cunha coalición recién formada, pasara de cero a oito deputados nun mes. Non cabe dúbida que o adianto das eleccións perxudicounos dunha maneira abraiante, porque prácticamente cando todos os partidos estaban facendo precampaña nos estábamos todavía negociando os termos da coalición. Se as eleccións durasen quince días máis non estaríamos falando de oito estaríamos falando de 16.

Falou cos seus compañeiros de Anova na cidade de cara as eleccións locais de 2015?

Temos diálogo fluido, pero non falamos de cara as municipais porque falta aínda moito tempo, e eles están nun momento importante porque están reestructurándose como organización política. Anova leva un percorrido moi corto, teñen para o mes de xaneiro as súas asambleas e a partir dese momento chegará o turno de traballar máis coordinados. Estamos dispostos a facer un traballo en común porque entedemos que a esquerda debe sumar, e creemos que alternativa galega de esquerdas debería ser moito máis do que é, que se incorporen moitas mási forzas de esquerdas.

Da por feito que Alternativa Galega de Esquerdas concurrirá as próximas municipais?

Non o sabemos. O acordo é claro: é para unhas eleccións autonómicas, e non para o eido municipal. Haberá que tratalo e falalo, non sabemos como será, pero dende logo que Alternativa Galega de Esquerdas veu para quedarse iso é un feito, e estámolo a ver no grupo parlamentar. Outra cousa é si realmente é necesario chegar a un tipo de coalición deste estilo de cara a unhas eleccións municipais. Iso xa o tempo o dirá.

Este mes tocará aprobar o presuposto do Concello para 2013. Polo de agora todas as súas opinións sobre as contas foron negativas...

Son uns orzamentos claramente irreais porque, primeiro, non podemos crernos a un goberno que ten un índice de execución das inversións do 17% cando está a piques de rematar o ano. Se trasladásemos isto a unha nota coma no cole sería un 1,7, é dicir, un moi dificiente en canto a execución. Pero, por outro lado, o propio interventor pon unha serie de reparos en canto as cifras que se están xogando, coma a optimista esperanza de recadación do Concello. O goberno municipal está a facer inxenería contable para presentar uns orzamentos pomposos á cidadanía, cando sabe que non pode chegar a ese nivel de ingresos nin de gastos.

Desinflouse o famoso plan de austeridade de Negreira?

Primeiro, unha cousa é a austeridade e outra son os recortes. E o PP xunta os dous termos, e cando fala de recortes fala de austeridade. Si por austeridade entendemos o malgasto de gastos públicos en cousas superficiais estamos a favor. Pero o que non se pode facer é gobernar vendo simplemente que é o que recortamos. O peor de todo é que nos orzamentos estase incrementando o investimento, pero a cantidade para xeración de economía local produtiva é irrisoria.

O argumento do Concello é que ese impulso a economía local estase a xerar a través das obras da Terceira Rolda, o Porto Exterior...

Iso é unha perogrullada. Todo o investimento que fai un ente público, sea un bo gasto ou un mal gasto, influe na economía. En todo caso, un goberno municipal que executa soamente o 17% vemos que está pechando co mesmo argumento as portas da economía. Necesitamos reactivar directamente a economía, e volvemos ao debate de que como non sexamos quen de transformar o modelo productivo local non vamos poder reactivala.

Esa petición do cambio do modelo productivo valeulle en mais dunha ocasión o calificativo de demagogo por parte do goberno local...

Efectivamente, hai que dicir que a ignorancia é osada. Claro, eles non entenden o que significa ese cambio de modelo productivo, e non están vendo o problema grave que existe. Ao mellor sobran políticos e necesitamos estadistas, que non pensen de cara as seguintes eleccións, senon que pensen un pouquiño máis no futuro e máis no tempo. E dende logo en Esquerda Unida-Os verdes é o que intentamos facer.

O alcalde di estar disposto a escoitar as alternativas da oposición tanto aos presupostos como ás ordenanzas fiscais. Confía en que algunha das propostas de EU saia adiante?

Ogallá sexa así, pero a verdade é que cando se fan ese tipo de afirmacións normalmente fanse como brindis ao sol. Dende logo, o goberno municipal, polo de agora, non está a sentarse a negociar. O lóxico sería que convocase a xunta de voceiros, para manter un diálogo fluido entre os membros da corporación. Se realmente adicásemos un tempor por obriga a debater, non cabe dúbida que o roce fai o cariño.

perfil
Hai pouco máis dun ano e seis meses que César Santiso (Huesca, 1968) comezou o sua carreira política como concelleiro de Esquerda Unida no Concello, o primeiro da seu partido en acadar representación en María Pita. O feito de ser un só non lle resta peso nos debates nos plenos, nos que non se cansa de repetir que A Coruña necesita \“un cambio de modelo productivo, menos dependente do petróleo\”. Promotor dos hortos de ocio e defensor das novas tecnoloxías –é informático da Deputación–, pensa que o Concello non para de malgastar cartos en papeis, en vez de poñer en marcha dunha vez a administración electrónica.

“Non me vexo de alcalde; non sei nin se volverei a ser candidato por Esquerda Unida”

Te puede interesar