“Negreira está volvendo á etapa do vazquismo en temas urbanísticos”

“Negreira está volvendo á etapa  do vazquismo en temas urbanísticos”
O portavoz do BNG

Ourbanismo converteuse na bandeira da acción do BNG no Concello, pero hai moitos temas, como a situación da Universidade que lle preocupan. E moito.

—A estas alturas que queda do plan de Busquets?

—En relación co Plan Xeral, xa puxemos de manifesto que tiña cousas positivas e outras que había que mellorar. Pese ao que diga o PP, o BNG o que fixo foi dar luz verde para iniciar o trámite, pero, ao mesmo tempo, entendíamos que era mellorable en moitos aspectos, como a potenciación dos polígonos industriais ou da rexeneración e a rehabilitación.

—E os cambios que está a facer o PP, van na línea do que pensa o BNG?

—Non necesariamente. O que estamos evidenciando por parte do PP en todo o que ten que ver co urbanismo é precisamente unha volta a etapa do vazquismo, onde, as grandes promotoras, que son as principais beneficiarias de todas as actuacións ilegais, non están asumindo ningún tipo de responsabilidade. Temos o caso de Someso, porque a pesar de que os promotores incumpliron coas condicións, o PP, no mes de septembro nun pleno, modifica parcialmente o plan de Someso para axustalo a licencia que había.

—Evolución ou involución en materia de tráfico na cidade?

—Cando se presentou a rede urbana eficiente nós dixemos que se ía acompañada de outras medidas, como un plan de transporte e de mobilidade metropolitano, a cousa podería funcionar. Decidiuse aplicar so aquelo que interesa, que era a eliminación do carril bus, e vemos que non está funcionando. Se a esto lle engadimos que non é cómodo e que a Compañía de Tranvías sube o prezo do billete a pesar de ter grandes beneficios, podemos decir que o transporte público funciona mal para os coruñeses e moi ben para Tranvías.

—Que lle parece a posta en marcha da Policía de Barrio?

—Sobre a Policía de Barrio xa decíamos que era unha oprtunidade importante de ter en conta a Policía local como un veciño máis, a efectos de ser como un pequeño representante do Concello que trasladase todas as inquedanzas dos barrios. A filosofía e a posta en práctica de determinado tipo de cuestións como esta vémola ben, pero outra cousa despois é como funciona.

“As tres universidades galegas non son como as deputacións, que, por       nós, poderíanse eliminar”

 

—E no caso da feira taurina, que opina dos pasos que está a dar o Concello?

—A postura do BNG é moi clara: non se poden subvencionar as festas taurinas na cidade, máximo nunha época de crise. Non son nin arte nin cultura, senon que se trata dunha tortura, e polo tanto non pode haber axudas en metálico nin en especie.

—Que futuro lle espera a Universidade da Coruña?

—Un dos nosos sectores estratéxicos que temos que potenciar é a propia Universidade, porque é un polo de divulgación da propia cidade, pero tamén un polo de atracción, especialmente en todo o que ten que ver co coñecemento e coa investigación. A Universidade, coas medidas que está a adoptar o PP, está sendo cuestionada no seu plano docente como servicio público, pero tamén a súa función como centro de investigación e de creación de emprego. As medidas aplicadas polo PP implican que se baixan as bolsas e se suben as tasas, e polo tanto non van poder estudar os fillos dos pobres ou dos obreiros. Pero tamén está cudestionada como centro de investigación porque os propios orzamentos do Estado o que fan é reducir moitísimo todas as partidas en I+D+I e en investigación.

—Nun momento como o actual son necesarias tres universidades galegas con tres rectores?

—Eso forma parte do falso debate da racionalidade pública. Neste momento, lonxe de ser como unha tara, é unha potencialidade que temos que explotar ao máximo e iso implica actuar as tres universidades conxuntamente, que xa o están facendo, como foi no caso da adaptación ao espacio europeo de educación superior. Ademais, a mellor política de bolsas no sistema universitario galego foi a existencia de tres universidades que permitiu que moitos estudiantes estudiasen na súa propia cidade.

—Pero podería haber igual campus propios en cada cidade e un único ente que os dirixise?

—Efectivamente, pero o que non podemos plantexarnos agora é o debate de reducir administracións públicas que son necesarias. Non é como o caso das deputacións, que, por nós, poderíanse eliminar. As tres universidades están funcionando pefectamente e actuando en clave de sistema universitario galego. Entrar no discurso de se temos que eliminar unha universidade ou non forma parte do neoliberalismo que lle interesa.

“Negreira está volvendo á etapa do vazquismo en temas urbanísticos”

Te puede interesar