“Hai moitos sitios por onde se pode presionar á Compañía de Tranvías”

“Hai moitos sitios por onde se pode presionar á Compañía de Tranvías”
Santiso leva un ano e medio como concelleiro de EU quintana

A subida do precio de todas as tarifas do bus converteuse no tema da semana. Para portavoz de Esquerda Unida na corporación trátase dun problema herdado da “época vazquista”.

 

É o momento de revisar a contrato firmado coa Compañía de Tranvías para xestionar o transporte público?

A suba das tarifas é xa o agasallo de Nadal que nos da cada ano a Compañía de Tranvías co beneplácito do Concello. E nos seguimos a demandar que o goberno local desenvolva un diálogo coa empresa para modificar a situación dese contrato escandalosa da época vazquista, xa que é lexivo para as arcas locais e os coruñeses. O mínimo que tiña que facer a compañía era manter todas as tarifas conxeladas ata que pase a crise. O Concello ten todo o apoio para negociar. Se mirásemos polo miudo o pliego de condicións veríamos que non o cumpre todo.

 O tema de darlle outro contrato do concello a vendex parécenos indecente

Practicamente en todas as concesións           que teñen                hai algún                 tipo de eiva

Que é o que non está a cumprir?

A parte de ser un servizo muy caro, non se cumplen frecuencias; non se está a investir nin un euro en mellorar o propio servizo; vemos que están a forzar aos seus traballadores a incumprir o código de circulación; o número de pasaxeiros que suben a veces nalgunhas liñas é demencial,... Hai moitos sitios onde se pode presionar, outra cousa é que se teña vontade de facelo.

 

Por que pensa que o Concello non quere tocar o contrato?

Cando a cidadanía ten un problema e os gobernos non actúan só pode ser por dúas cuestións: unha por incapacidade e outra por intereses ocultos. Esas son as dúas opcións que hai, que explique o goberno municipal cal das dúas é.

 

A concesión de dous contratos a Vendex segue dando de que falar, en especial o do Acuario. Que lle parecen as adxudicacións?

O tema de facer un contrato a vendex parécenos indecente, pero coa lei na man poden presentarse. Pero nós estamos a ver e a investigar cousas moi raras neses contratos. Entendemos perfectametne os motivos polos cuales as outras empresas están a presentar os recursos e estamos investigando o porqué desa maneira de facer os concursos. Levamos moito tempo investigando as concesións ao conglomerado do concello, que supoñen máis do 50% dos ingresos desta empresa, claramente corrupta. Practicamente en todas as concesións que teñen hai algún tipo de eiva, unhas veces que os traballadores non cobran en tempo e forma... Outras veces son queixas da veciñanza...

 

Hai posibilidades de que acabe nos xulgados?

Pois pode ser, entendemos que ás outras empresas non lle faltan razóns para ir aos tribunais. Algo estraño está a acontecer con esa empresa, porque non é normal o que está pasando. n

 

“Hai moitos sitios por onde se pode presionar á Compañía de Tranvías”

Te puede interesar