“Despois de seis meses vemos que o PP non ten un plan de goberno, e iso é moi grave”

El Ideal Gallego-008

 césar santiso portavoz de Esquerda unida-os verdes

César Santiso aterrizou en María Pita con dous obxetivos claros: ser a correa de transmisión dos veciños no Concello e cambiar a forma de entender a política na cidade. Seis meses despois, o primeiro portavoz de Esquerda Unida na corporación municipal coruñesa recoñece que existe un maior diálogo entre o novo Concello e a oposición, pero segue faltando vontade por parte da forza maioritaria para chegar a acordos. Sobre o labor do PP, pensa que non se están a cumprir coas expectativas xeradas: nin hai fórmula máxica para reactivar a economía, nin plan de mobilidade, nin máis participación cidadá. Suspende a súa forma de gobernar, que, na súa opinión, non se basea nun plan, senón que varía “segundo veña o vento”.

Capaz de sentarse a dialogar co PP, Santiso non se olvida nunca das ideas da forza á que representa. Desagrádalle que se fale de oposición como un todo, cando, recorda, existen tres grupos diferentes, cada un coa su propia historia. Pensa que o traballo do seu equipo está a lograr mudar algúns costumes en María Pita, pero augura catro anos de intenso traballo dende o outro lado do goberno municipal.
—Como foron estes seis primeiros meses da nova administración local?
—A realidade é que as expectativas de cambio coas que chegaba o goberno do PP non se cumpriron. De cambio houbo pouco, e máis ben estanse a aplicar políticas continuistas, o que ven a demostrar a coincidencia na meirande parte das políticas que desenvolven tanto o PSOE como o PP. E o fallo máis grave é que prometían unha “varita mágica” para empezar a reactivar a economía, pero non se están a aplicar ningún tipo de política nese sentido. Sabemos da dificultade que ten chegar a ocupar un goberno despois de tantos anos co PSOE no poder, pero, seis meses despois, vemos que realmente non tiñan un plan de goberno, e iso é moi grave. O que fan é aplicar medidas a golpe de visionarismo, o que, dende logo, dá muy mal resultado.
—No Concello sosteñen que se están tomando as cousas cunha “certa calma” para non cometer os mesmos erros que ata o de agora.
—Dende logo, a teoría é correcta. Pero a realidade é que non están a aplicar esa teoría, porque, por exemplo, en investimentos como a sustitución do carril bus por outro eficiente, fano sen antes desenvolver un plan de mobilidade, polo que parece máis ben unha coartada da inacción de goberno do PP que un proxecto. Levan moitos anos na oposición neste Concello e tiñan que ter as cousas un pouco máis claras. Gobernar según o vento vai para un lado ou para outro é moi mala política.
—Unha das promesas estrelas do PP era estar a pé de rúa cos veciños. Estase a cumprir?  
—Depende do que se poda entender por estar a pé de rúa. Se falamos de participación cidadá e de que a veciñanza teña maior poder de decisión, nin moito menos. Se xa o facían mal os socialistas, o PP estáo a facer peor porque emprega unha estrutura que consideramos que é totalmente caciquil.
—Refírese aos tres concelleiros específicos de barrio?
—O tema dos concelleiros de barrio podería ser interesante se estivese incluído dentro dunha estrutura participativa global. Ao ser o único instrumento que hai parece que estamos a convertelos nunhas persoas conseguidoras de cousas para a cidadanía. Buscan unha estrutura clientelar, no sentido de que a xente vaia pedirlles por favor, e isa non é a maneira. Ademáis, resulta obstruccionista, porque calquer problema das diferentes áreas ten que pasar polo seu filtro.
—Visto isto, se lle tivera que poñer nota, como puntuaría a labor do PP?
—Un suspenso. As expectativas que xeraron na cidadanía foron moi superiores e non se están a cumprir.
—Como é o trato co alcalde e o seu equipo?
—No trato, non temos ningún problema. É correcto e formal. O equipo de goberno é facil achegarse a el, o que non quere decir que logo o diálogo sexa todo o fluido que debería ser, nen moito menos, porque á hora de chegar a materializar ese trato nun diálogo fluido para alcanzar acordos, ata o de agora, só o logramos nun tema de urbanismo: a ordenanza de rehabilitación.
—A oposición ten agora máis marxe de manobra que antes?
—Algo máis de marxe de manobra do que había antes está claro que hai, nestes seis meses polo menos chegamos a algún punto de acordo. Parte dise posible cambio nas formas cremos que é un mérito que nos podemos autooutoragar porque estamos a facer moito traballo nese sentido, de diálogo e de buscar zonas de encontro con todos os grupos políticos que forman a corporación. Estamos a modificar os estatus quo habituais que había en María Pita, de reixeitar o que di o outro nun tono de acritude e agre. Pouco a pouco conseguiremos que o resto de forzas entren un pouquiño nesta dinámica, que é o que demanda a veciñanza.
—Unha das súas críticas antes de entrar a formar parte da corporación era o ton dos plenos. Mudou esa actitude dos representantes políticos ou mantense a mesma dinámica?
—Mellorou a cousa, pero ten moito máis que mellorar. Efectivamente, eu lembro que antes dende o público moitas veces saía decepcionado do pleno porque aquilo parecía un partido de tenis, a ver quen é máis forte e a ver quen gaña. Os plenos non son para o lucimento persoal dos concelleiros ou os voceiros que están falar, nin son para ver que é mellor ou quen ten mellor dialéctica. Os plenos están para explicar con claridade as posicións de cada un e para intentar chegar a acordos.
—Esa actitude de diálogo co goberno valeulle as críticas de PSOE e BNG, que incluso o acusaron de ser o concelleiro número 15 de Negreira.
—Iso é a política mal entendida. Nós vemos a política como un acto de diálogo constante, aínda que as posicións sexan totalmente opostas, e na rúa é o que nos está a pedir a cidadanía. Eses comentarios, o que están a demostrar é que en política hai moito sectarismo, ademais de responder a unha actitude bastante hipócrita, quizais que ven dada dende a situación de nerviosismo pola presenza en María Pita dunha forza da esquerda real, que é a que representamos. E hai algúns que levan moito tempo goberando e só entenden que a súa palabra é orde, e así non se fai politica.
—Hai boa relación entre a oposición?
—Hai unha relación normal e un trato correcto. Xuntámonos cando nos temos que xuntar e falamos a veces das iniciativas que se van presentar, incluso co BNG algunhas as levamos en paralelo.
—Fala de coincidencias cos nacionalistas, e cos socialistas?
—Tamén, pero non hai esa relación tan fluida xa que non coincidimos con algúns puntos porque eles defendes outras políticas. Pero cando temos que xuntarnos para algo facémolo, somos veciños en María Pita e non hai ningún problema.
—A nivel persoal, seis meses despois de asumir a portavocía do grupo, resúltalle doado coordinar a seu papel como concelleiro, co seu traballo na Deputación e a súa labor sindical?
—A verdade é que non podo con todo. Costa moitísimo, por iso cando escoito o típico comentario de que ben viven os políticos a min revólvenseme as tripas. E da labor sindical, algunhas tarefas tiven que ir cedendo porque o corpo non dá para máis.


“Queremos que se solucione o do Parrote, pero non con outra chapuza”
El Ideal Gallego-008-02As novas tarifas dos buses e o estudo de detalle do Parrote foron dous dos temas que máis enfrentamentos xeraron entre o Concello e a oposición nas últimas semanas. Pese a negativa da administración, Santiso non está disposto a renunciar a súa loita, e seguirá insistindo na súa demanda para que o goberno local modifique a concesión do servicio de transporte público.
—É imprescindible revisar a concesión da Compañía de Tranvías?
—Para nos si porque non pode ser e que o Concello siga con esta sangría económica, cando a Compañía de Tranvías ten uns beneficios esaxerados. A mobilidade na nosa cidade é moi deficitaria, e a única maneira de mellorarla, indepedentemente de que hai que desenvolver un plan, está nun factor que é fundamental: temos que reducir o número de vehículos privados a motor que circulan polas nosas rúas. E iso conséguese cunha mellora do sistema de transporte público coletivo para que sexa competitivo.
—Pensa que o Concello non está disposto a modificar o contrato?
—É o que se desprende do que pasou con esta moción que levamos a pleno para que se crease unha comisión de mobilidade. Pero nós seguiremos presentando iniciativas, e trataremos de falar cos responsables municipais para explicarlles o importante que é para a veciñanza ter unhas tarifas que sexan xustas para utilizar máis o transporte público. Imos esperar un pouco, pensamos que o goberno municipal ten que recapacitar. Era unha proposta moi sincera e non entendemos por que se votou en contra. Nós cando cremos que temos a razón somos moi teimudos, imos seguir repetíndoo ao igual que cando falamos do cambio do modelo productivo, aínda a costas de parecer pesados.
—Funcionará a proposta alternativa ao carril bus?
—Imos deixar un tempo de marxe para ver se funciona.
—Pero, nun principio, que lle parece?
—Non vai funcionar como ten que funcionar. Non se van poder manter os tempo porque son sistemas complementarios os que propoñen. Unha cousa é unha plataforma exclusiva, cun rendemento do 100%, mentres que a outra só permite a modificación semafórica para avanzar cando vai fora de tempo. Pero, que sucede cos coches que vaian por ese carril? Ou se hai un accidente no carril único? A parada nestes casos está asegurada, polo que os tempos non se van cumprir. Pero vamos esperar vamos a velo, e senon funciona, confío en que o goberno municipal teña a cintura política necesaria de saber recapacitar e facer os cambios oprtunos.
—No terreo da mobilidade, hai outro proxecto do PP que tampouco gusta a oposición: o túnel do Parrote.
—A veces sorpréndome ao ver como é posible que neste momento de crise, en vez de tratar de xuntar o máximo de recursos posibles para reactivar a economía local, o que se decida é facer unha obra faraónica. Que modelo productivo estamos fomentando con ese proxecto? O de sempre: ladrillo e formigón. Ademais, este non é un proxecto de mobilidade. O único que vai facer é soterrar o tráfico, e quedará unha zona moi bonita, cun proxecto moi interesante se fose noutro momento económico diferente ao actual.
—Parécelle igual de “interesante” o estudo de detalle para desbloquear as obras do párking do Parrote?
—Todos queremos que se solucione iso canto antes, pero non facendo outra chapuza. Diso temos experiencias dabondo nesta cidade, e xa estamos afogados economicamente polas indemnizacións que temos que pagar. Din que están as tres administracións de acordo, pero no Parque Ofimático xa estaban todas as administracións de acordo e logo pasou o que pasou. Iso non significa que se cubra a legalidade cen por cen. Dende logo, Esquerda Unida non pode nin quere participar noutra chapuza.
—Pode acabar nos tribunais?
—A situación está tan collida polos pelos que é moi fácil que acabe nos tribunais, e é moi fácil que os xuices dictaminen contra o Concello.
—Plantéase o seu grupo levalo ante a xustiza?
—Non nolo planteamos, pero tampouco é unha decisión que a tome o grupo municipal, senón que se decidiría en asamblea.
—A quen beneficia ese plan?
—Ao Porto, porque dicía que non ía utilizar uns espazos e agora queda a libre albedrío deles. Tamén á constructora e ao PP, porque por un lado desbloquea coa Xunta un problema que tiñan e venden ese anuncio de que chegamos ao goberno e resolvemos todos os problemas cando a realidade non é así. O único que fan é taponar todo un pouco. En xeral, favorece a todos menos á cidadanía porque nos poden meter nun grave problema.

El Ideal Gallego-008-03orzamentos  políticas de emprego

“Para resarcir o comercio hai  que volver á cidade dos barrios”

N estes seis meses de goberno do PP, o portavoz municipal de Esquerda Unida bota de menos máis medidas que fomenten a reactivación da actividade económica, que sirva para devolverlle á cidade a súa tradicional vida de barrios  
—O oposición quéixase de escasez ou, incluso, ausencia de medidas para fomentar o emprego na cidade. Pensa que os orzamentos do próximo ano, os primerios do PP, dan resposta a esta demanda da cidadanía?
—Nada, en absoluto. Para a dinamización do comercio hai un plan de 700.000 euros que non é suficiente dado o enorme dano que se fixo anteriormente. A única forma de resarcirse é cambiando o modelo de cidade: volver á cidade dos barrios, que foi o sinal de identidade da Coruña. E perdeuse a oportunidade de ouro no útlimo minuto de crear cursos de formación do emprego coa anulación das partidas destinadas a este fin.
—O Concello decidiu cambiar esas partidas por outras para incrementar as axudas que se destinan a entidades benéficas.
—A axuda a beneficencia é necesaria, pero esa dualidade non é a correcta: ou beneficencia ou reactivación económica. Pódese aforrar moito noutros aspectos e non se está a facer. É fundamental darlle un cambio á xestión administrativa do Concello, á parte de gasto corrente. Aí é onde hai que aforrar e non na dualidade social-económico.

“Despois de seis meses vemos que o PP non ten un plan de goberno, e iso é moi grave”

Te puede interesar