“Cometín un erro de xestión no proceso das listas; asúmoo”

“Cometín un erro de xestión no proceso das listas; asúmoo”

Caamaño evita falar de pactos, mentras trata de deixar no pasado as diferenzas entre os distintos dirixentes socialistas á hora de conformar as listas electorais.

 

Ten medo de que o coalición de Anova con EU lle reste apoios ao PSdeG?

É unha decisión libre de forzas que fixeron esa coalición. O PSdeG o que vai facer é traballar para ter o máximo respaldo dos ciadadáns, porque canto máis fortes sexamos mellor poderemos liderar un proceso político de cambio neste país. Polo tanto, nós, ao noso.

 

Estaría disposto a un pacto?

Iso hai que velo en cada momento. Agora temos que traballar para intentar obter o mellor resultado posible, e a partir de aí xa veremos cal é o escenario político.

Os pactos hai que velos en cada momento; agora temos que traballar para obter o mellor resultado

quero devolverlle aos galegos o moito que fixeron por min

 

Confórmase con ser deputado autonómico ou aspira a ser candidato a Xunta?

Non, neste momento confórmome con ser o que son. Eu non son un político profesional, son unha persoa que estaba dedicada a miña profesión como abogado e catedrático e que fun chamado a formar parte dun goberno que ilusionou a todos os españois. E, agora, cando en Galicia hai tanta xente que o está pasando mal, quero devolverlle aos galegos o moito que fixeron por min. Iso é o que predendo ser, un parlamentario máis. Oxalá teñamos ese goberno de esquerdas, aportar ideas e traballar por Galicia.

 

Queren xestionar Galicia, pero parece que non son quen de xestionar internamente o seu partido...

Sempre que hai que facer listas sempre hai problemas internos ou saltan. Hai unha gran diferenza entre partidos. Hai partidos onde non temos medo ao diálogo e a falar e, polo tanto, as tensións á hora de facer listas, e outros onde a paz, por así decilo, non se alcanza despois de ordenar, senon que a paz é como a dos camposantos, é o silencio dos cemiterios.

 

Non pensou que a decisión de deixar fóra inicialmente a Méndez Romeu ía ser interpretada como un desafío?

Eu non o deixei, deixouno unha executiva provincial que tomou unha decisión maioritariamente por unanimidade, presentando unhas listas que consideraban que respondían a dous criterios: renvoación e democracia. Pero é verdade, asumo a miña responsabilidade, quizá debín saír ao paso para explicar e quitarlle o dramatismo que había. Cometín un erro de xestión no proceso das listas; asúmoo.

 

Barcón queixábase de que non se tivera en conta a decisión da agrupación socialista coruñesa.

Eu respondo da lista que presentamos no seu momento na que, se mal non recordo, ía de número dous unha persoa que era da executiva coruñesa. n

 

“Cometín un erro de xestión no proceso das listas; asúmoo”

Te puede interesar